24/4/17

ENCONTRO CUNHA ESCRITORA O alumnado de 1º de Bacharelato tivo un encontro con Berta Dávila que, despois de facer unha revisión da súa traxectoria vital como autora, de contar cousas sobre a súa produción poética e narrativa, leu poemas dos seus libros, algúns dos cales chegaron a emocionar aos oíntes. Houbo moita participación do alumnado que lle preguntou sobre a inspiración, a dificultade de editar, o proceso creativo; sobre a relación entre intimidade e literatura...

No hay comentarios:

Publicar un comentario