22/12/22

BO NADAL

 


MERENDOLA NA BIBLIOTECA

Durante este trimestre , o alumnado colaborou activamente co equipo da Biblioteca, así como nos diferentes Clubs de Lectura. Que mellor maneira que celebralo ca cunha boa merenda....





MICRORRELATOS. 1ESOC1

 GABRIEL LEO GARCÍA

A.- Por primeira vez abriu os ollos, e  quedou cego.

B.- As luces da sala apagáronse e el seguía alí sen moverse, porque estaba morto.


MANUEL GARRIDO

A.- As luces da sala apagáronse, pero vivía só.

B.- Premeu o interruptor, pero a luz non acendeu. Supoño que non pagar ten consecuencias.

C.- Déronse palmadas, aínda que eran pantasmas.


PABLO RUBÉN LOURO

A.- Pola noite espertei e fun coller un vaso de auga, pero aínda sentía a súa presenza.

B.- Hoxe puxen unha rosa na súa tumba, como fago todos os luns. Permíteme comezar a semana cun sorriso sabendo que eras mortalmente alérxica a elas.



21/12/22

Microrrelatos 1ESOB1


ALEJANDRO TOUZA

A.- Véndese: Can cego e sen unha pata.

B.- Escóitanse os ósos cruxir e a carne desgarrarse e escapa da morgue un ser con forma de humano, pero pálido, medio conxelado e cun buraco de bala na cabeza.


MARTINA ÁLVAREZ

A.- Cando cheguei á casa , fun facer os deberes e atopei a miña amiga , aínda que non a invitei.

B.- Mirei cara a un lado e estaba miñanai; mirei cara  o outro lado e tamén estaba ela.

C.-Estaba aburida e o meu irmán estivo xogando comigo. Non lembrei que eu non tiña irmán.


TIAGO CARBALLO

A.- Un neno estaba xogando no seu cuarto cando a súa nai dixo>.

-A cea está lista!

O neno levantouse e antes de baixar a escaleira, unha persoa colleuno por detrás , tapoulle a boca e díxolle:

-Non baixes, eu tamén o escoitei.

B.- Coas mans ensanguentadas dixo: 

-Encántame traballar nunha funeraria.

C.- Non sei por que todo o mundo me mira mal. Dixo o home cunha bolsa de lixo cun cheiro estraño.

D.- Un día fun a un laboratorio de Bioloxía. A unha compañeira caeulle unha substancia , e dun momento para outro, en vez dun laboratorio parecía un zoolóxico.

E.- Un neno estaba falando cos seus amigos na escola e díxolles:

-Sabedes que hai unha app que se a instalas vén unha furgoneta e fai un tiroteo?

Pum, pum. Escoitáronse berros.


JUAN JOSÉ GARRIDO

A.- Un día, unha muller nova estaba sentada nun banco dun parque vendo os nenos xogar, cando o seu pai chámaa:

- Ven rapido, necesito axuda!

A muller levantouse pero desmaiouse e caeu. Cando espertou, estaba no corazón dun escuro bosque.

B.- Un neno estaba xogando na súa casa cando os seus pais saen á compra. O neno  escoita tronar e ve chover pola xanela. O neno di: "Que bonito día vai fóra".

C.- Unha noite dun venres trece de xaneiro unha muller estaba mandando o seu fillo a durmir:

-Federico, vai durmir , que vai vir o home do saco e vaite levar.

-Pois eu creo que nos vai levar aos dous, di apuntando á xanela a un home cunha máscara vermella, un coitelo e un trabuco que os miraba.

D.- -Non entendo por que non lle parezo atractivo a ninguén. 


NICOLÁS BARREIRO

A.- Un neno estaba andando pola rúa e percatouse de que a súa mochila estaba aberta. Revisou se tiña todo e faltáballe o móbil, e exclamou:

-Fáltame o móbil!!!!"

E un home que pasaba ao seu carón dixo:

-Pois eu xa teño o meu.

B.´Dous peixes estaban falando, os dous repetían: "Que fame teño" .De súpeto chegou un tabeirón e dixo: "pois eu non teño fame", cun sorriso na cara.

C.- Un home viu  o tren das castañas, achegouse e díxolle ao vendedor:

-canto custa cada viaxe?

D.- Foi descuartizado, meteron os seus cachos nunha bolsa e chegou a formar parte da tortilla de patacas xunto aos seus compañeiros.

 

ABDERAZAK

Cando caeu a noite, un neno comezou  a escoitar berros. Non saíu por medo. Non foi mirra, pero deixou a porta aberta. De súpeto, os berros cesaron e comezou a escoitar  pasos. Entrou unha especie de cavernícola con dúas pedras grandes, e algo estaba goteando. O cavernícola escribiu algo na parede e quedou sentado. As horas pasaron e puido ler . " Sei que estás esperto". As dúas pedras  eran as cabezas dos seus pais.


SHAILA AROSA

A.- Eu estaba no salón e de repente escoito un ruído e vexo que o meu pai estaba arranxando o forno. Eu saudeino e el saudoume tamén. Logo fun ao salón  e lembrei que vivo soa.

B.- Estaba na miña casa cando escoito un ruído que proviña da cociña. Vin que estaba a billa aberta e pecheina; pero o ruído non proviña de alí, senón do conxelador, e vin un corpo troceado. Agora xa sei por que non teño pais.


20/12/22

Microrrelatos. 1ºESOA1

  

THAIS GONZÁLEZ

A.- Tanto desexaba o seu cariño, que deixei morrer o meu.

B.- A esmeralda dos seus ollos cegoume a vista de outros.

C.- Cegada nos libros , non me esperaba que a aparecese un boulevard na miña vida.

D.- Envelesada polos seus ollos, caín nos seus encantos como mosca en tea de araña.


ELOY BARREIRO

A.- O neno e a muller espertaron sen saber onde.

B.- Berrou: "Viva España", sen saber que era independentista.

C.- Ía con présa á présa para apresalo.


VERA

A.- Estaba pintando a miña historia cando alguén  a pintou por min.

B.- Nunca tiven amigo, e cando por fin os conseguín, díxenlles con bágoas nos ollos... "Aquí rematou".


DIEGO PÉREZ

A.- Unha vez no oeste unha pantera camiñaba soa e tranquila ata que ao fondo apareceu unha sombra. Eles tiveron unha charla:

_Pantera, voute devorar .

_ ??? Peor para ti.

Despois a pantera decatouse de que o seu rival era un ourizo e que se o comía ía pinchalo. 

B.- "Que raro! "-, dixo a rapaza avanzando cara á porta. "Que porta máis pesada". Cando entraron a porta pechouse forte e a rapaza dixo: "Estamos encerrados!". "Non, estás ti soa", dixo a rapaza atravesando a porta coma unha pantasma.


OLIVIA LÓPEZ

A.- Un home sempre prendía a luz antes de durmir. Un día non a prendeu e ocorreu unha catástrofe.

B.- Véndese: móbil fabricado con desgraza humana.


SOFÍA GAMALLO

O meu momento favorito do día é cando pasa ao meu carón e saca á luz do sol as súas brancas e brillantes perlas.

 

 RAQUEL MEAZA


A.- Coñecelo foi un erro, pero cando o deixei empezou a florecer. Agora aprecio mellor o canto dos paxaros e o amencer-

B.- Tiven tantas ganas de saber a verdade, que cando a souben quedei aterrorizado.

C.- Se tivese unha vida máis, en ningún momento me arrepentiría de coñecerte de novo.

D.-  É o doado critica o que acontece sentado no sofá e na comodidade do teu fogar sen vivir de verdade o que está a pasar.

E.- Na guerra, as persoas que a viven non teñen a culpa do que está a pasar, só son persoas normais coma nós, intentando sobrevivir ao quer está a ocorrer.



 



12/12/22

Roteiro Castelao 4ºESOC





 

Roteiro Castelao . Alumnado de 4ºESO A