19/5/23

Viaxe á Guarda e a Baiona co alumnado de 3ºESO o 18 de maio

 


















GALA DE ENTREGA DE ENTREGA DE PREMIOS DO BEN VEÑAS, MAIO

 

O 13 de maio celebrouse no Pazo da Cultura de Pontevedra a gala de entrega de premios do Ben Veñas, Maio.

Parabéns para  Antía Carrera, Paula Gómez Moreira e Anxo Rodríguez, premiados    no certame de narrativa: un orgullo  para o Torrente Ballester.

E noraboa tamén a Alejandra López Fernández, a Julia Pérez Rumbo e, de novo,  a Antía Carrera pola excelente maneira  de conducir a  gala: a súa naturalidade e o seu domino da lingua galega  conquistaron o público alí presente.

Grazas !!! J









3/5/23

Encontro coa escritora Antía Yáñez

 As alumnas e os alumnos de 1º ESO asistiron, dentro das actividades programadas polo Salón do Libro de Pontevedra a un encontro coa escritora Antía Yáñez, que lles falou, entre outras cousas,  dos libros que a rapazada leu este curso : O misterio do torque de Burela e O misterio de Portomarín .








29/4/23

Roteiro co escritor Manuel Lourenzo

Este ano, o escritor homenaxeado no  Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra é Manuel Lourenzo. Os alumnos e as alumnas de 1º de Bacharelato tiveron a honra de realizar con este escritor  un roteiro pola cidade de Pontevedra.






Saída ao Salón do Libro o 24 de abril

 Os alumnos e alumnas que durante o ano colaboraron dalgún xeito coa biblioteca , fixeron unha saída ao Salón do Libro. 







13/3/23

Presentación do libro A historia de España baseouse en falacias, de Francisco Calo Lourido

 O alumnado e 4 ESO e de Bacharelato tivo a honra de asistir á charla de Francisco Carlo Lourido.









Obradoiro de BANDA DESEÑADA

 O alumnado de 1º ESO asistiu a un obradoiro de Banda Deseñada , impartido por integrantes da escola O garaxe hermético.








9/3/23

Obradorio de fotografía

 O alumnado de 3ºESO asistiu a un obradoiro de fotografía.





2/3/23

Ben Veñas, Maio


Entra nas bases do Ben Veñas, Maio


 https://snl.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2023/02/Bases-BEN-VENAS-MAIO-2023.pdf

Visita a Ourense e Trasalba

 O día 1 de marzo, o alumnado de 4ºESO realizou unha visida a Ourense para asistir á representación da obra de teatro clásico Agamenón. Ao rematar, coñecemos  algunhas rúas de  Ourense e, xa pola tarde, visitamos a casa de Otero Pedrayo, en Trasalba. Esta viaxe foi organizada polo Equipo de Dinamización, polo Departamento de Latín e polo Equipo da Biblioteca.