11/1/22

Noraboa a Antía Carrera Losada, de 2ºESO B, gañadora do certame de Felicitacións de Nadal que organiza o Departamento de Relixión. Un premio moi merecido, aínda que había outras postais tamén moi inetresantes, como as de Irene Bermúdez, de 2º ESO D, entre outras moitas.
En decembro, o alumnado de 1º e 2º da ESO que cursa a materia de Relixión, asistiu ao Belén de Valga e á Casa Museo de Rosalía de Castro, acompañado polas profesoras de Relixión, EF, Francés, Tecnoloxía e Lingua Galega. Unha xornada diferente e moi agradable para todos e todas.