28/5/12

Máis premios no ben veñas, maio 2012




O sábado, a partir das 17.30, no Pazo da Cultura, concorreron varios grupos musicais para presentarnos as súas composicións.
 Estas actuacións formaban parte dos concursos propostos polos equipos de dinamización dos institutos de Pontevedra para o certame do Ben veñas, maio.
 No apartado musical, o grupo VORTEX  do IES TORRENTE BALLESTER recibiu o primeiro premio coa  interpretación de "Miña luz" letra e música propia e "A Fala" música propia letra de Eduardo Pondal.
Tamén o terceiro premio recaeu nos nosos alumnos, que formaban parte de OS JARABULLOS. 
Ademais, ao remate das actuacións entregáronse os premios aos alumnos gañadores dos outros concursos.
 En narrativa curta na categoría A, dúas alumnas do Torrente Ballester recibiron o primeiro e segundo premio, son respectivamente: Aldara Otero e Tania Broullón. O segundo premio de narrativa, categoría B,  levouno Cintia Cabada, tamén do noso centro. En banda deseñada, na categoría A, o primeiro premio foi para os nosos alumnos: os irmáns Gestido.

25/5/12

A escritora Iria Morgade visita a Biblioteca


A nosa antiga alumna Iria Morgade vén de gañar un premio literario coa súa primeira novela "Verbas no Ar"
De forma moi xenerosa quixo falarlles a os nosos alumnos o que para ela representa escribir.
O feito de atoparse cunha escritora nova , case unha compañeira, foi moi atractivo; fixéronlle numerosas preguntas sobre a temática, como foi o proceso dende que pensou na obra ata que a rematou.....E animounos a todos a que se atrevan a presentarse a concursos como fixo ela xa dende os seus tempos no Instituto, pero sobre todo a seguir lendo e a escribir.

2/5/12

Ben veñas maio



Un ano máis  Alumnos do noso Instituto resultaron gañadores no concurso de "Ben veñas maio"


 Velaí os gañadores:


 BANDA DESEÑADA
 Categoría A
 1º premio: HÉCTOR E GABRIEL GESTIDO HERVÉS  2º de ESO


 NARRATIVA
 Categoría A 
 1º premio: ALDARA OTERO  3º de ESO
 2º premio: TANIA BROULLÓN  3º de ESO


 Categoría B
 2º premio: CINTIA CABADA  4º de ESO


 Parabéns aos galardoados!!!! 


Xa sabedes o próximo sábado 26 de Maio as 17,30 pasade polo Auditorio de Pontevedra para recoller os vosos agasallos