25/10/10

"Sexo? Por que non?"







Os alumnos de 4º de ESO foron o venres ao Pazo da Cultura ver a obra de teatro "SEXO? POR QUE NON?, interpretada pola compañía EME. É unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal; é unha comedia reflexiva, un punto de encontro humorístico para rachar cos tópicos e os tabús e ao alumnado encantoulle.



8/10/10

A hora azul



Os alumnos de 2º de ESO asistiron onte ao obradoiro A HORA AZUL que comezou cunha sesión de conta contos (contos do deserto, de Galicia...) acompañados de música, para facer soñar e reflexionar. A narración fíxose a varias voces e utilizáronse instrumentos de diferentes culturas do mundo. Na segunda parte do obradoiro traballouse a expresión corporal, o teatro, a creación colectiva...