25/11/21

DÍA INTERNACIONAL PARA A TOLERANCIA

O 16 de novembro, o alumnado de 3º ESO que imaparte RELIXIÓN conmemoraron o Día Internacional para a Tolerancia. O dicionario da RAG define a palabra tolerancia como "Calidade de quen respecta as opinións e actitudes dos demais que non coinciden coas súas". Dentro desa tolerancia debemos incluír o respecto por todas as culturas e por todas as linguas.

5/11/21

No IES Torrente Ballester conmemoramos o Mes da Ciencia en Galego e o Día da Ciencia en Galicia, este ano dedicado a Jimena Fernández de la Vega, primeira muller licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Na súa carreira como investigadora incorpora a xenética ao ámbito da saúde, converténdose na pioneira da xenética médica en España. Estamos a falar duns tempos nos que non era doado para unha muller ser admitida na Universidade nin recoñecida nos ámbitos científicos, de aí a importancia de que a RAGC (Real Academia Galega das Ciencias) lle dedique o Día da Ciencia deste ano 2021.
A VIAXE PERFECTA (Paula Gómez) O martes 19 de outubro, as nenas e nenos de 2º da E.S.O. do IES Torrente Ballester, fomos gozar dunha ruta de sendeirismo e dunha visita ao mosteiro de Armenteira. Ese día todos e todas estabamos moi nerviosos porque era a nosa primeira excursión dende que chegamos ao instituto. Indo a coller o autobús falabamos ilusionados e contentos imaxinándonos o que ía a pasar e contándonos cousas. A viaxe en autobús foi amena, xa que iamos admirando a paisaxe dos lugares polos que pasabamos; por alí pasa o río Umia, que dá o nome á comarca: Ribadumia. Vimos moitas viñas e adegas de albariño polo camiño, xa que é moi típico de alí. Cando chegamos descubrimos un lugar cheo de natureza, onde se respiraba aire puro, cousa que me marabillou. Camiñamos uns poucos quilómetros e paramos a merendar nunhas acolledoras mesas de madeira rodeadas de árbores. Antes de continuar paramos na aldea labrega, un lugar con moitas figuras feitas a pedra: un hórreo, un neno e unha ponte, onde tomamos fotografías para inmortalizar e lembrar ese día. Seguimos camiñando outro pouco e o último tramo foi o máis custoso, pero levouse ben. Estabamos cansos, pero o son do río, dos paxaros e da natureza, deleitábanos e esquecemos o cansazo. Ao fin chegamos arriba, ao mosteiro , e os de relixión entramos nel. Recibiunos unha monxa moi simpática e agradábel. Levounos dentro, a unha sala, e alí contounos que ela era a noviza do convento e cantas monxas vivían nel. Tamén nos contou como era a vida alí e un pouco da historia do mosteiro. Cando saímos estábanos agardando o autobús e cansos, pero contentos, volvemos ao centro . Gustoume moito a ruta e o mosteiro. Penso que foi a viaxe perfecta porque gozamos da natureza e aprendemos un pouco de cultura e historia. Aprendín cousas moi interesantes e puiden apreciar outras marabillosas, é dicir, foi un día digno de lembrar
CELEBRANDO O SAMÁIN Para conmemorar o Samían, o alumnado do centro adornou as aulas con motivos propios destas datas.