AGAL impartiu este obradoiro, para o alumnado de 3º ESO, co obxectivo de que vexan o galego como unha entrada privilexiada para acceder ao portugués e que , polo tanto, se dean conta de que falar galego ofrece unha clara vantaxe competitiva, a que permite comunicarse co mundo da lusofonía. Dunha forma clara e amena púxose en valor a lingua galega facendo ver a súa potencialidade e contrarrestando os prexuízos
13/2/17
9/2/17
2/2/17
1/2/17
ROTEIRO CASTELAO
Nin a chuvia puido impedir que o noso alumnado de 4º de ESO percorrera algunhas das rúas que configuran a cidade de Pontevedra de principios do séc. XX, así como algúns lugares que vinculan a Boa Vila co autor de Sempre en Galiza (o edificio do antigo Café Moderno, a sala Castelao do Museo de Pontevedra...)
Etiquetas:
Roteiros,
valoración do patrimonio
25/1/17
11/1/17
CONVOCATORIA DO CONCURSO DE VÍDEOS
Concurso de vídeos publicitarios
O Equipo de Dinamización Lingüística do IES Torrente Ballester,
con fin de promover o uso da lingua galega, convoca un concurso de
vídeos, cuxas características se explican a continuación:
Tema
Os vídeos terán como obxectivo promover o uso do idioma galego,
sobre todo entre a mocidade; combater os prexuízos sobre esta
lingua; favorecer actitudes positivas cara a ela; etc.
Duración
Os vídeos terán unha duración máxima de cinco minutos, polo
que quedarán excluídos todos aqueles que superen o dito tempo.
En todo caso, poden durar menos dese tempo sen que iso inflúa na
puntuación final do traballo.
Prazo de entrega
Os participantes poderán entregar os traballos a partir do 9 de
xaneiro e ata o 31 dese mesmo mes.
Quedarán descualificados os traballos entregados con data
posterior.
Lugar e forma de entrega
Os traballos deberán entregarse na conserxería nun CD/DVD que
irá metido nun sobre, no interior do cal figurarán tamén os datos
dos participantes (nome e apelidos e curso)
Características
Excluiranse aqueles vídeos que sexan ofensivos, sexistas ou
discriminatorios dalgún xeito.
Valorarase a orixinalidade, a creatividade, a ironía, a claridade
da mensaxe e calidade da imaxe e do son.
Poderán levar asociadas cancións ou música para acompañar a
mensaxe que se queira transmitir, sempre que estes efectos sonoros
estean motivados dalgún xeito.
Todas as persoas participantes ao entregar o traballo
comprométense, e polo tanto autorizan, a permitir que o Equipo de
Dinamización Lingüística publique os vídeos no seu blog.
Destinatarios
Poderá participar todo o alumnado deste centro educativo,
independentemente da idade e do nivel académico que estea a cursar.
Premios
Con fin de animar á participación e de valorar o esforzo, a
creatividade e a dedicación das persoas participantes establécense
varios premios de diversa contía:
- Primeiro premio: 75 €
- Segundo premio: 50 €
- Accésit: 25 €
Os premios recibiranse en forma dun vale co que os gañadores ou
gañadoras poderán comprar nos comercios de Pontevedra material
diverso como roupa, material escolar, etc.
23/11/16
DESENGAIOLANDO A MANUEL MARÍA
O alumnado de 1º ESO, o día 22 de novembro, participou na actividade, impartida por ETNOGA, "Desengaiolando a Manuel María", unha xincana literaria para ampliar os coñecementos sobre o autor chairego.
SAÍDA AO TEATRO
5/10/16
O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA PONSE EN MARCHA DE NOVO NESTE CURSO 2016/2017
Con forza, con máis entusiasmo
ca nunca e co obxectivo máis apaixonante do mundo:
FACER QUE O GALEGO ENRAÍCE NAS VIDAS DOS PAIS, DAS NAIS, DO ALUMNADO E DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO TORRENTE BALLESTER.
FACER QUE O GALEGO ENRAÍCE NAS VIDAS DOS PAIS, DAS NAIS, DO ALUMNADO E DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO TORRENTE BALLESTER.
Así iniciamos unha campaña
dirixida aos pais:
Fala cos teus fillos
en galego!
en galego!
Transmítelles
amor polo idioma!
amor polo idioma!
Edúcaos
sen prexuízos!
sen prexuízos!
Serán
máis tolerantes!
máis tolerantes!
Serán
mellores persoas!
mellores persoas!
Recordamos as leis que nos amparan:
Constitución
Española
Art. 3.1. O
castelán é a lingua oficial do Estado. Todos os españois teñen o deber de
coñecela e o dereito de usala
Art. 3.2. As
demais linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades
Autónomas de acordo cos seus Estatutos.
Art. 3.3. A
riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio
cultural que será obxecto de especial respecto e protección.
Estatuto
de Autonomía
Art. 5.1. A lingua propia de Galicia é o galego.
Art. 5.2. Os
idiomas galego e castelán son oficiais e todos teñen o dereito de os coñecer e
os usar.
Art. 5.3. Os
poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous
idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida
pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar
o seu coñecemento.
Art. 5.4. Ninguén
poderá ser discriminado por causa da lingua.
Lei
de Normalización Lingüística
Art. 2º. Os
poderes públicos garantirán o uso normal do galego e do castelán,
linguas oficiais na comunidade Autónoma.
Art. 13.2. As
autoridades educativas da Comunidade Autónoma arbitrarán as medidas encamiñadas
a promover o uso progresivo do galego no ensino.
Dirixímonos a toda a comunidade educativa e convidámola a que
se nos una, porque é un labor de todos e todas:
Participa
na
NORMALIZACIÓN
DO
GALEGO
PORQUE
MANTELO VIVO
DEPENDE DE TI
na
NORMALIZACIÓN
DO
GALEGO
PORQUE
MANTELO VIVO
DEPENDE DE TI
Etiquetas:
Benvida a un novo curso dinamizador
1/11/14
13/3/14
30/12/13
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






