8/11/09

O MAGOSTO




O magosto é unha festa tradicional galega que se celebra no mes de novembro e que ten como principais elementos a castaña e o lume.

Nos pobos galegos era tradicional que os mozos e mozas saísen en grupos á "rebusca" de castañas para logo xuntarse e asalas nunha fogueira.

Era común emborrallar a cara cos restos da fogueira, saltar as fornallas xa que trae sorte así como realizar diferentes xogos tradicionais, contar contos e cantar cancións populares ao redor do lume.

Aprovéitase tamén a ocasión para a degustación do viño novo da colleita.

Este costume que se perdera en moitos lugares da nosa xeografía, grazas ao bo facer de numerosos colectivos veciñais e asociacións culturais, volveuse a recuperar .
Algunhas cantigas:
Acabáronse as vendimas
aí veñen as esfolladas
para comer coas nenas
catro castañas asadas
Santo que estás no canizo
bota castañas embaixo
que anque non teño mandil,
apáñochas co refaixo
As castañas son castañas,
os ourizos son ourizos;
os ollos da túa cara,
para min son dous feitizos

No hay comentarios:

Publicar un comentario