18/9/12

Benvida

Xa estamos novamente ao comezo doutro curso no que nos propoñemos seguir traballando para e polo noso idioma   e para iso o EDL conta coa vosa estimable axuda.
Desexámosvos un moi bo comezo de curso

23/6/12

Boas vacacións


Un curso máis que remata, moitos poderedes gozar das vacacións pois estudastes e traballastes moito,outros teredes que repasar algunhas cousas en verán para examinarvos en setembro, pero todos nos volveremos encontrar no novo curso.
Dende o  EDL desexámosvos un feliz verán.

28/5/12

Máis premios no ben veñas, maio 2012




O sábado, a partir das 17.30, no Pazo da Cultura, concorreron varios grupos musicais para presentarnos as súas composicións.
 Estas actuacións formaban parte dos concursos propostos polos equipos de dinamización dos institutos de Pontevedra para o certame do Ben veñas, maio.
 No apartado musical, o grupo VORTEX  do IES TORRENTE BALLESTER recibiu o primeiro premio coa  interpretación de "Miña luz" letra e música propia e "A Fala" música propia letra de Eduardo Pondal.
Tamén o terceiro premio recaeu nos nosos alumnos, que formaban parte de OS JARABULLOS. 
Ademais, ao remate das actuacións entregáronse os premios aos alumnos gañadores dos outros concursos.
 En narrativa curta na categoría A, dúas alumnas do Torrente Ballester recibiron o primeiro e segundo premio, son respectivamente: Aldara Otero e Tania Broullón. O segundo premio de narrativa, categoría B,  levouno Cintia Cabada, tamén do noso centro. En banda deseñada, na categoría A, o primeiro premio foi para os nosos alumnos: os irmáns Gestido.

25/5/12

A escritora Iria Morgade visita a Biblioteca


A nosa antiga alumna Iria Morgade vén de gañar un premio literario coa súa primeira novela "Verbas no Ar"
De forma moi xenerosa quixo falarlles a os nosos alumnos o que para ela representa escribir.
O feito de atoparse cunha escritora nova , case unha compañeira, foi moi atractivo; fixéronlle numerosas preguntas sobre a temática, como foi o proceso dende que pensou na obra ata que a rematou.....E animounos a todos a que se atrevan a presentarse a concursos como fixo ela xa dende os seus tempos no Instituto, pero sobre todo a seguir lendo e a escribir.

2/5/12

Ben veñas maio



Un ano máis  Alumnos do noso Instituto resultaron gañadores no concurso de "Ben veñas maio"


 Velaí os gañadores:


 BANDA DESEÑADA
 Categoría A
 1º premio: HÉCTOR E GABRIEL GESTIDO HERVÉS  2º de ESO


 NARRATIVA
 Categoría A 
 1º premio: ALDARA OTERO  3º de ESO
 2º premio: TANIA BROULLÓN  3º de ESO


 Categoría B
 2º premio: CINTIA CABADA  4º de ESO


 Parabéns aos galardoados!!!! 


Xa sabedes o próximo sábado 26 de Maio as 17,30 pasade polo Auditorio de Pontevedra para recoller os vosos agasallos

26/4/12

Valentín Paz Andrade




13/3/12

12 máis 1

Hoxe, martes e trece fomos visitar o Salón do libro de Pontevedra, resultou moi ben pois "Mofa e Befa" agasalláronnos cunha representación teatral xenial, rimos moito con eles, logo poidemos visitar a exposición onde vimos o resultado do traballo de moitos rapaces, todos  estupendos, e o noso tamén quedou moi ben no medio de todos.

10/2/12

Presentación de "Petiscos 2011"


 

Petiscos 2011 from torrentegalego on Vimeo.

3/2/12

II Certame de narrativa Mª Victoria Moreno


 

6/1/12

Un adeus sentido


No día de onte este insigne galego deixounos aos 91 anos de idade pero:

"Díaz Pardo non morreu, porque a súa obra está en todas as esquinas de Galicia, nas tendas que hai por todo o mundo de Sargadelos, no Parlamento, coa vidireira que preside o hemiciclo, na Biblioteca de Galicia, nos nosos xenes, na nosa forma de enfocar a vida," dixo o presidente galego, que destacou a modestia , a coherencia e a amabilidade de Díaz Pardo.

Manolo Rivas di lembrando a Isaac.
" Era tan pouco egoista, ou sexa, ególatra, que iso fai que un o vexa como alguén especialmente grande. Mesmo fisicamente era un home miúdo, que ás veces só comía unha mazá e un café expresso. Iso faicho ver como un Gulliver, un pequeno grande home que en moitas ocasións tivo que verllas cos liliputianos.
Foi un home do Renacemento que constrúe en Galicia a utopía da Bauhaus. Un pioneiro no ambiental, pois Sargadelos está construído con criterios de aforro enerxético. No campo da memoria, malia que era amable de trato, mostrouse irredutible (...) Era o último reduto".

19/12/11

13/12/11

O Galego a nosa vantaxe


Os alumnos de primeiro de bacharelato estiveron asistindo no mes de Decembro a unhos obradoiros co título xenérico "O galego a nosa vantaxe".
Con estes obradoiros preténdese achegar aos estudantes da Galiza un coñecimento básico da identidade do galego coa lingua portuguesa (entre as primeiras por número de falantes no mundo), vehículo dunha cultura internacional e lingua oficial de varios países nos cinco continentes, un deles (O Brasil) entre as dez economias máis potentes no mundo actual.

Quen sabe mais galego, sabe mais portugués... e esa é a nosa vantaxe competitiva. Ao sabermos portugués as opcións laborais multiplícanse, mas também as culturais (música, cinema, literatura...) e persoais (relacións humanas, viaxes, actividades...).



29/11/11

Por que é bo que os nenos aprendan galego


Este triptico fíxonolo chegar a Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra para a súa difusión e coidamos que merece a pena que estea aquí. Moitas grazas.

23/11/11

Carlos Blanco en apoio ós medios públicos



TODOS OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN SON IMPRESCINDIBLES PARA NORMALIZAR A NOSA LINGUA