25/11/22

Manifesto 25 N . Adriana Silveira Ríos. 4ºESO A

 25 de novembro, día no que loitamos por esas mulleres que non están e polas que aínda calan.

Día no que reivindicamos a nosa liberdade.

Día no que loitamos por ela, por ti, por nós, pola sociedade.

Día que queremos que deixe de ser necesario.

Porque ese día poderemos saír á rúa sen medo.

Ese día poderemos vestir cvomo queiramos

sern que as culpables da violación sexamos nós.

Ese día non teremos medo a facer algo mal.

Ese día NÓS, LIBRES, FELICES , SEN MEDO.


25 N. Proxecto do departamento de EPVA













 

24/11/22

1º PREMIO CONCURSO DRONS, organizado por IGACIENCIA

 Noraboa a Pablo Álvarez, María Argibay e Ángel Rey , e parabéns tamén para ás profesoras sen cuxo esforzo isto non sería posible 



Club de Ciencias: As mulleres tamén son científicas

 





10/11/22

Club de Ciencias: experimentando




 

Micorrelatos : texto creado por Artai García, de 1ºESO

 Un home camiñaba pola rúa pensando en que bonitas eran as luces de nadal, os carteis, as decoracións dos edificios, colleu unha caixa de cartón, fixo unha cama e puxose a durmir nela.(Artai García)

28/10/22

Samaín 3ESO






 

Samaín

 



Samaín






 

26/10/22

Marilar Aleixandre: Premio Nacional de Narrativa 2022

 





Marilar Aleixandre gaña o Premio Nacional de Narrativa coa súa obra As malas mulleres,premio concedido polo Ministerio de Cultura.
O  xurado do premio destaca desta obra, editada en Galaxia, a súa "orixinal estrutura híbrida" que a "converte nunha singular novela histórica sobre a situación carceraria das mulleres do século XIX, cun admirable dominio do diálogo e da linguaxe". Subliña ademais o ditame que o libro recupera "a memoria de forma brillante no diálogo coa tradición literaria" mediante "un coro de voces femininas de diversas clases sociais" que "introduce elementos da poesía popular e da cultura oral".



Irene Bedoya ( 1ºESO) : MICRORRELATOS

 1: O can lambeu a cara da súa mellor amiga.

-Pipo! Xa che díxen que non desenterres cousas do xardín!


2: Eu quedei cego hai uns anos, pero a miña familia coidoume moi ben. A semana pasada opereime e recuperei a vista, pero aínda non llo díxen a ninguén. Primeiro teño que descubrir quen son estas persoas e onde está a miña familia.


3: Sempre hai alguén que come o que gardo no conxelador. Odio traballar na morgue.


4: O neno chamou á súa nai.
-Non vaias, o noso fillo é mudo.


5: -Hoxe tiven un soño moi bonito.
Dixo o paciente en coma.


6: Despedíronse cun bico e volveron ás súas tumbas.

O CLUB DE LECTURA

 Este curso comezamos unha nova andaina: a que nos mergulla a través dos libros en mundos marabillosos. O Club de Lectura, en colaboración coa biblioteca, comezámolo con Tonecho de Rebordechao, de Breogán Riveiro, libro que está gustando moito aos nosos lectores e lectoras.






Adriana Silveira: SOCIEDADE

 

SOCIEDADE

 

Adoito fixarme moito, xente rindo, falando, comendo...,  mais todos agochan  algo que non queren contar. Pode que sexa o seu pasado, presente ou futuro. É  igual, todos estamos mal en certa maneira . Normal, esta sociedade descríbese como mentirana, covarde, crítica. Por que somos así?

Así de verdadeiros, así de falsos

Así de alegres, así de tristes

Así de xustos, así de condicionados

 

Por que hai tantos problemas?

Por que non podo durmir?

Por que non aguanto máis?

 

Non podo pensar con claridade

Non recordo o que é durmir sen interrupcións

Non sei o que é a tranquilidade

Non recordo o que é desfrutar de que realmente me fai feliz

Acaso iso existe?

 

Boto de menos ser unha rapaza

Boto de menos quererme e valorarme

Boto de menos sentirme como antes

 

Para que sirve mirar atrás? Para nada, mais prefiro iso a que pensar no futuro e ver o que me espera.

Adriana Silveira: NOTAS

 

NOTAS

 

O instituto, o noso lugar de traballo, ese onde nos avalían constantemente, sen descanso...que notas sacamos, como falamos, con quen nos xuntamos..., mais non podemos esquecernos do máis importante :  as notas que sacamos, aquelas que nos repiten constantemente e,  por suposto, facendo  comparacións.

“Tes un 10, pero non es tan perfecta coma ela”

“Tedes que facer coma el, ten todo sobresaíntes”

Esas polas que uns están contentos pero aos outros esnaquiza. Como non, dinnos que non sexamos inseguros pero, como non o imos ser? se todos son perfectos e eu non fago nada ben.

 

Profesores que din que non nos obsesionemos mais, como non o imos facer? Se é o único que aprendemos en todos estes anos...

Por que só teñen en conta as notas?

Por que non teñen en conta o meu esforzo?

Por que sinto que non fago nada ben?

 

Iso por non falar de nós mesmos, que non temos suficiente , que tamén estamos entre nós para facer iso que tanto odiamos

“Só tes un oito? Que pouco”

“Teño máis nota ca ti”

“Ela é máis lista ca ti”

 

Ata os narices de todo, de comparacións, de notas, de ser insuficiente, porque aínda que non o pareza, estudo tódolos días aínda que logo suspenda, porque me preparo os exames dende o minuto un para logo estar en segundo lugar e ser minorizada porque sempre hai e haberá alguén mellor ca min.

De pequena adoraba o colexio, dábame todo igual, só estaban os meus amigos e era feliz, sen preocupacións.  Agora é todo o contrario

Teño que ter sempre unha boa cara

Teño que ser unha señorita

Teño que sacar boas notas

Teño que aparentar ser perfecta

Pero non aguanto máis, porque levo dende que empezou o curso ser durmir, sen descansar, sen ter autoestima, por iso ao que tememos, por iso ao que odiamos... as NOTAS

Adriana Silveira: ARTE

 

ARTE

 

A música axúdame a desaparecer, a evadirme do mundo cando o preciso, tamén a desafogarme con música deprimente durante horas e incluso días, porque prefiro iso antes que falar con alguén que nin sequera me vai escoitar e moito menos lle vai importar.

 

Iso por non mencionar a danza, que sen pretendelo  faime desafogar, pero tamén esquecer , porque provoca a miña desaparición para volver a ser unha rapaza, iso que tanto anhelo dende que deixei de selo.

 

Porque aínda que o neguemos,  a arte evádenos da maneira máis discreta, pero máis notable, porque sen ela, ninguén podería vivir...

 

Ninguén podería vivir sen bailar, por moito que teña dous pés esquerdos

Ninguén podería vivir sen cantar, aínda que só sexa na ducha

Ninguén podería vivir sen ver unha película de comedia, romance ou terror

E ningún neno podería crecer sen pintar en cada folla e o que non o son na súa infancia

13/6/22

Saída cultural

O venres 10 de xuño, o alumnado de 3º ESO visitou A Guarda, o Mosteiro de Oia e Baiona, saída cultural  organizada polo Equipo de Dinamización e polo Departamento de Lingua galega. Foi un día moi agradable, onde a aprendizaxe se combinou co lecer., e onde o bo ambiente foi a tónica xeral.

26/5/22

PALABRAS DE NOSO

Chámome Candela Silva e fixen un traballo voluntario para a clase de galego. Un día púxenme a pensar en que había moitas palabras en galego que só escoitaba na miña casa. Pescudei en Google, busquei sinónimos e preguntei a algúns familiares. Tamén usei a cabeciña que, como di a miña avoa, non para. Fixen unha compilación de termos enxebres que estaban a deixarse de lado en favor dos comúns co castelán. Aquí vos presento unha pequena mostra: - >Fácil - Doado. - Cambiar - Mudar. - Levantarse - Ergerse. - Esperar - Agardar. - Molestar - Amolar. -Máis alá de - Alén. - Nada - Ren. - Investigar - Pescudar. - Maneira - Xeito. - Aportar - Achegar. - Coller manía - Estoxar. - Ser moi inquedo - Ter un fugarilllo no cu. - Botar a bronca - Rifar. - Romper - Escachar. - Rápido - A fume de carozo. - Ser parva - Ter moita carroucha. - Morrer - Finar. - Gatear - Agatuñar</i>

18/5/22

Concurso Videopoemas

Noraboa a Adriana Silveira Ríos e a Ana Loroño por ser finalistas no Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María, organizado pola Casa-Museo Manuel María. Nesta 5ª edición, a calidade dos traballos era extraordinaria, como así o demostra a composición presentada por estas rapazas de 3º ESO, e que se pode consukltar neste mesmo blog.

10/5/22

Entrega de premios do certame Ben Veñas Maios

Noraboa a Antía Carrera, Pilar Ramos e Andrés Pardo, do IES Torrente Ballester . As dúas primeiras, alumnas de 2 ESO, gañaron o segundo premio de narrativa Categoría A, cos relatos titulados De aquí para alá e Demasiado tarde, respectivamente. Andrés Pardo, gañou o priemeiro premio de narrativa na categoría B co relato titulado Artigo 172.