"Iso non se prepara. Eu miro para a xente, vexo o ambiente e, entón... un arranque de palabras feitas que van como polo río abaixo" Antonio Río Montero, O Ribeiro de Louzarela, brindeiro (regueifeiro)
10/11/22
Micorrelatos : texto creado por Artai García, de 1ºESO
Un home camiñaba pola rúa pensando en que bonitas eran as luces de nadal, os carteis, as decoracións dos edificios, colleu unha caixa de cartón, fixo unha cama e puxose a durmir nela.(Artai García)
21 DE FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA
Pica no enlace e celebra connosco o DÍA DA LINGUA MATERNA,o galego, a lingua que nos debería unir, que nos debería identificar.https://youtu.be/cEgRdhnJ2Q4
En galego arrólase, xógase, trabállase, namórase...como xa vós sabedes que durante séculos se foi facendo. Convidámosvos a picar no enlace para que escoitedes a María Campos e Carlos Yus.
No hay comentarios:
Publicar un comentario