26/5/22
PALABRAS DE NOSO
18/5/22
Concurso Videopoemas
10/5/22
Entrega de premios do certame Ben Veñas Maios
6/5/22
A nosa cultura, a nosa tradición: a rapa das bestas de Sabucedo
8/4/22
Parabéns!!!!
Lucía Lorenzo obtivo o 3º posto na final da Olímpiada Filosófica Galega, modalidade de fotografía, e Miguel Bouzas, o 2º posto na modalidade de dilema. Parabéns para eles e tamén para a súa profesora Mónica, pola súa implicación co alumnado e o idioma.
Roteiro Sarmiento 3 ESO B
Durante os meses de marzo e abril, o alumnado de 3ESO realizou o Roteiro Sarmiento, unha camiñada por aqueles lugares da cidade de Pontevedra relacionados co ilustrado Frei Martín Sarmiento . Este ilustrado , precursor da moderna filoloxía románica, mantivo nos seus escritos constante preocupación pola lingua galega, e propugnaba o seu ensino en galego, pois consideraba unha "bárbara crueldade" que uns forasteiros ensinen aos nenos e nenas galegos nunha lingua, a castelá, que descoñecen,
29/3/22
Roteiro Sarmiento
O alumnado e 3 ESO D realizou un roteiro pola cidade de Pontevedra, organizado polo Equipo de Dinamización, que serviu para afondar na figura do Padre Sarmiento.
Coñecemos o noso patrimonio e os nosos intelectuais: Roteiro Castelao
O alumnado de 4 ESO A e B , coñeceron a figura de Castelao nun roteiro pola cidade de Pontevedra, organizado polo Equipo de Dinamización , e que forma parte das propostas que anualmente oferta o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.
Visita ao Salón do Libro
O alumnado de 2ºESO visitou o Salón do Libro, este ano dedicado ao mundo da arte. Dentro das actividades programadas , o alumnado do IES Torrente Ballester asistiu a un espectáculo no que se proxectaban imaxes e vídeos da música que se está a facer en lingua gaega.
27/3/22
Coñecemos os nosos ilustrados e a historia de Pontevedra: Roteiro Sarmiento
O 23 de marzo, o alumnado de 3º ESO C participou no roteiro Sarmiento, organizado polo Departamento de Normalización .
Coñecemos a nosa historia
O mes de marzo, o alumnado de 1 ESO realizou unha excursión ao castro de Baroña, ao dolmen de Axeitos e ao castro de Neixón, actividade organizada polo Departamentpo de Historia.
22/3/22
8 de marzo
Este curso, o departamento de
Este proxecto busca sensibilizar ao alumnado sobre a existencia de estereotipos asignados a homes e mulleres que non contribúen ao desenvolvemento da sociedade e alertarlles sobre a importancia da igualdade de xénero.
Tamén pretende desenvolver as competencias dixitais, lingüísticas e culturais así como o pensamento crítico e creativo e a autonomía e responsabilidade dos estudantes.
Entre outras actividades,