28/10/22
26/10/22
Marilar Aleixandre: Premio Nacional de Narrativa 2022
Irene Bedoya ( 1ºESO) : MICRORRELATOS
1: O can lambeu a cara da súa mellor amiga.
O CLUB DE LECTURA
Este curso comezamos unha nova andaina: a que nos mergulla a través dos libros en mundos marabillosos. O Club de Lectura, en colaboración coa biblioteca, comezámolo con Tonecho de Rebordechao, de Breogán Riveiro, libro que está gustando moito aos nosos lectores e lectoras.
Adriana Silveira: SOCIEDADE
SOCIEDADE
Adoito
fixarme moito, xente rindo, falando, comendo..., mais todos agochan algo que non queren contar. Pode que sexa o seu
pasado, presente ou futuro. É igual,
todos estamos mal en certa maneira . Normal, esta sociedade descríbese como mentirana,
covarde, crítica. Por que somos así?
Así de
verdadeiros, así de falsos
Así de
alegres, así de tristes
Así de
xustos, así de condicionados
Por que
hai tantos problemas?
Por que
non podo durmir?
Por que
non aguanto máis?
Non podo
pensar con claridade
Non
recordo o que é durmir sen interrupcións
Non sei
o que é a tranquilidade
Non
recordo o que é desfrutar de que realmente me fai feliz
Acaso
iso existe?
Boto de
menos ser unha rapaza
Boto de
menos quererme e valorarme
Boto de
menos sentirme como antes
Para que
sirve mirar atrás? Para nada, mais prefiro iso a que pensar no futuro e ver o
que me espera.
Adriana Silveira: NOTAS
NOTAS
O instituto, o noso
lugar de traballo, ese onde nos avalían constantemente, sen descanso...que
notas sacamos, como falamos, con quen nos xuntamos..., mais non podemos
esquecernos do máis importante : as
notas que sacamos, aquelas que nos repiten constantemente e, por suposto, facendo comparacións.
“Tes un 10, pero non es
tan perfecta coma ela”
“Tedes
que facer coma el, ten todo sobresaíntes”
Esas
polas que uns están contentos pero aos outros esnaquiza. Como non, dinnos que
non sexamos inseguros pero, como non o imos ser? se todos son perfectos e eu
non fago nada ben.
Profesores
que din que non nos obsesionemos mais, como non o imos facer? Se é o único que aprendemos
en todos estes anos...
Por que só teñen en
conta as notas?
Por que non teñen en
conta o meu esforzo?
Por que sinto que non
fago nada ben?
Iso por non falar de
nós mesmos, que non temos suficiente , que tamén estamos entre nós para facer
iso que tanto odiamos
“Só tes un oito? Que
pouco”
“Teño máis nota ca ti”
“Ela é máis lista ca
ti”
Ata os narices de todo,
de comparacións, de notas, de ser insuficiente, porque aínda que non o pareza,
estudo tódolos días aínda que logo suspenda, porque me preparo os exames dende
o minuto un para logo estar en segundo lugar e ser minorizada porque sempre hai
e haberá alguén mellor ca min.
De pequena adoraba o
colexio, dábame todo igual, só estaban os meus amigos e era feliz, sen
preocupacións. Agora é todo o contrario
Teño que ter sempre
unha boa cara
Teño que ser unha
señorita
Teño que sacar boas
notas
Teño que aparentar ser
perfecta
Pero non aguanto máis,
porque levo dende que empezou o curso ser durmir, sen descansar, sen ter
autoestima, por iso ao que tememos, por iso ao que odiamos... as NOTAS
Adriana Silveira: ARTE
ARTE
A música axúdame a desaparecer, a
evadirme do mundo cando o preciso, tamén a desafogarme con música deprimente
durante horas e incluso días, porque prefiro iso antes que falar con alguén que
nin sequera me vai escoitar e moito menos lle vai importar.
Iso por non mencionar a danza,
que sen pretendelo faime desafogar, pero
tamén esquecer , porque provoca a miña desaparición para volver a ser unha
rapaza, iso que tanto anhelo dende que deixei de selo.
Porque aínda que o neguemos, a arte evádenos da maneira máis discreta, pero
máis notable, porque sen ela, ninguén podería vivir...
Ninguén podería vivir sen bailar,
por moito que teña dous pés esquerdos
Ninguén podería vivir sen cantar,
aínda que só sexa na ducha
Ninguén podería vivir sen ver unha
película de comedia, romance ou terror
E ningún neno podería crecer sen
pintar en cada folla e o que non
o son na súa infancia