26/10/22

Adriana Silveira: NOTAS

 

NOTAS

 

O instituto, o noso lugar de traballo, ese onde nos avalían constantemente, sen descanso...que notas sacamos, como falamos, con quen nos xuntamos..., mais non podemos esquecernos do máis importante :  as notas que sacamos, aquelas que nos repiten constantemente e,  por suposto, facendo  comparacións.

“Tes un 10, pero non es tan perfecta coma ela”

“Tedes que facer coma el, ten todo sobresaíntes”

Esas polas que uns están contentos pero aos outros esnaquiza. Como non, dinnos que non sexamos inseguros pero, como non o imos ser? se todos son perfectos e eu non fago nada ben.

 

Profesores que din que non nos obsesionemos mais, como non o imos facer? Se é o único que aprendemos en todos estes anos...

Por que só teñen en conta as notas?

Por que non teñen en conta o meu esforzo?

Por que sinto que non fago nada ben?

 

Iso por non falar de nós mesmos, que non temos suficiente , que tamén estamos entre nós para facer iso que tanto odiamos

“Só tes un oito? Que pouco”

“Teño máis nota ca ti”

“Ela é máis lista ca ti”

 

Ata os narices de todo, de comparacións, de notas, de ser insuficiente, porque aínda que non o pareza, estudo tódolos días aínda que logo suspenda, porque me preparo os exames dende o minuto un para logo estar en segundo lugar e ser minorizada porque sempre hai e haberá alguén mellor ca min.

De pequena adoraba o colexio, dábame todo igual, só estaban os meus amigos e era feliz, sen preocupacións.  Agora é todo o contrario

Teño que ter sempre unha boa cara

Teño que ser unha señorita

Teño que sacar boas notas

Teño que aparentar ser perfecta

Pero non aguanto máis, porque levo dende que empezou o curso ser durmir, sen descansar, sen ter autoestima, por iso ao que tememos, por iso ao que odiamos... as NOTAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario