GABRIEL LEO GARCÍA
A.- Por primeira vez abriu os ollos, e quedou cego.
B.- As luces da sala apagáronse e el seguía alí sen moverse, porque estaba morto.
MANUEL GARRIDO
A.- As luces da sala apagáronse, pero vivía só.
B.- Premeu o interruptor, pero a luz non acendeu. Supoño que non pagar ten consecuencias.
C.- Déronse palmadas, aínda que eran pantasmas.
PABLO RUBÉN LOURO
A.- Pola noite espertei e fun coller un vaso de auga, pero aínda sentía a súa presenza.
B.- Hoxe puxen unha rosa na súa tumba, como fago todos os luns. Permíteme comezar a semana cun sorriso sabendo que eras mortalmente alérxica a elas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario