ALEJANDRO TOUZA
A.- Véndese: Can cego e sen unha pata.
B.- Escóitanse os ósos cruxir e a carne desgarrarse e escapa da morgue un ser con forma de humano, pero pálido, medio conxelado e cun buraco de bala na cabeza.
MARTINA ÁLVAREZ
A.- Cando cheguei á casa , fun facer os deberes e atopei a miña amiga , aínda que non a invitei.
B.- Mirei cara a un lado e estaba miñanai; mirei cara o outro lado e tamén estaba ela.
C.-Estaba aburida e o meu irmán estivo xogando comigo. Non lembrei que eu non tiña irmán.
TIAGO CARBALLO
A.- Un neno estaba xogando no seu cuarto cando a súa nai dixo>.
-A cea está lista!
O neno levantouse e antes de baixar a escaleira, unha persoa colleuno por detrás , tapoulle a boca e díxolle:
-Non baixes, eu tamén o escoitei.
B.- Coas mans ensanguentadas dixo:
-Encántame traballar nunha funeraria.
C.- Non sei por que todo o mundo me mira mal. Dixo o home cunha bolsa de lixo cun cheiro estraño.
D.- Un día fun a un laboratorio de Bioloxía. A unha compañeira caeulle unha substancia , e dun momento para outro, en vez dun laboratorio parecía un zoolóxico.
E.- Un neno estaba falando cos seus amigos na escola e díxolles:
-Sabedes que hai unha app que se a instalas vén unha furgoneta e fai un tiroteo?
Pum, pum. Escoitáronse berros.
JUAN JOSÉ GARRIDO
A.- Un día, unha muller nova estaba sentada nun banco dun parque vendo os nenos xogar, cando o seu pai chámaa:
- Ven rapido, necesito axuda!
A muller levantouse pero desmaiouse e caeu. Cando espertou, estaba no corazón dun escuro bosque.
B.- Un neno estaba xogando na súa casa cando os seus pais saen á compra. O neno escoita tronar e ve chover pola xanela. O neno di: "Que bonito día vai fóra".
C.- Unha noite dun venres trece de xaneiro unha muller estaba mandando o seu fillo a durmir:
-Federico, vai durmir , que vai vir o home do saco e vaite levar.
-Pois eu creo que nos vai levar aos dous, di apuntando á xanela a un home cunha máscara vermella, un coitelo e un trabuco que os miraba.
D.- -Non entendo por que non lle parezo atractivo a ninguén.
NICOLÁS BARREIRO
A.- Un neno estaba andando pola rúa e percatouse de que a súa mochila estaba aberta. Revisou se tiña todo e faltáballe o móbil, e exclamou:
-Fáltame o móbil!!!!"
E un home que pasaba ao seu carón dixo:
-Pois eu xa teño o meu.
B.´Dous peixes estaban falando, os dous repetían: "Que fame teño" .De súpeto chegou un tabeirón e dixo: "pois eu non teño fame", cun sorriso na cara.
C.- Un home viu o tren das castañas, achegouse e díxolle ao vendedor:
-canto custa cada viaxe?
D.- Foi descuartizado, meteron os seus cachos nunha bolsa e chegou a formar parte da tortilla de patacas xunto aos seus compañeiros.
ABDERAZAK
Cando caeu a noite, un neno comezou a escoitar berros. Non saíu por medo. Non foi mirra, pero deixou a porta aberta. De súpeto, os berros cesaron e comezou a escoitar pasos. Entrou unha especie de cavernícola con dúas pedras grandes, e algo estaba goteando. O cavernícola escribiu algo na parede e quedou sentado. As horas pasaron e puido ler . " Sei que estás esperto". As dúas pedras eran as cabezas dos seus pais.
SHAILA AROSA
A.- Eu estaba no salón e de repente escoito un ruído e vexo que o meu pai estaba arranxando o forno. Eu saudeino e el saudoume tamén. Logo fun ao salón e lembrei que vivo soa.
B.- Estaba na miña casa cando escoito un ruído que proviña da cociña. Vin que estaba a billa aberta e pecheina; pero o ruído non proviña de alí, senón do conxelador, e vin un corpo troceado. Agora xa sei por que non teño pais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario