THAIS GONZÁLEZ
A.- Tanto desexaba o seu cariño, que deixei morrer o meu.
B.- A esmeralda dos seus ollos cegoume a vista de outros.
C.- Cegada nos libros , non me esperaba que a aparecese un boulevard na miña vida.
D.- Envelesada polos seus ollos, caín nos seus encantos como mosca en tea de araña.
ELOY BARREIRO
A.- O neno e a muller espertaron sen saber onde.
B.- Berrou: "Viva España", sen saber que era independentista.
C.- Ía con présa á présa para apresalo.
VERA
A.- Estaba pintando a miña historia cando alguén a pintou por min.
B.- Nunca tiven amigo, e cando por fin os conseguín, díxenlles con bágoas nos ollos... "Aquí rematou".
DIEGO PÉREZ
A.- Unha vez no oeste unha pantera camiñaba soa e tranquila ata que ao fondo apareceu unha sombra. Eles tiveron unha charla:
_Pantera, voute devorar .
_ ??? Peor para ti.
Despois a pantera decatouse de que o seu rival era un ourizo e que se o comía ía pinchalo.
B.- "Que raro! "-, dixo a rapaza avanzando cara á porta. "Que porta máis pesada". Cando entraron a porta pechouse forte e a rapaza dixo: "Estamos encerrados!". "Non, estás ti soa", dixo a rapaza atravesando a porta coma unha pantasma.
OLIVIA LÓPEZ
A.- Un home sempre prendía a luz antes de durmir. Un día non a prendeu e ocorreu unha catástrofe.
B.- Véndese: móbil fabricado con desgraza humana.
SOFÍA GAMALLO
O meu momento favorito do día é cando pasa ao meu carón e saca á luz do sol as súas brancas e brillantes perlas.
RAQUEL MEAZA
A.- Coñecelo foi un erro, pero cando o deixei empezou a florecer. Agora aprecio mellor o canto dos paxaros e o amencer-
B.- Tiven tantas ganas de saber a verdade, que cando a souben quedei aterrorizado.
C.- Se tivese unha vida máis, en ningún momento me arrepentiría de coñecerte de novo.
D.- É o doado critica o que acontece sentado no sofá e na comodidade do teu fogar sen vivir de verdade o que está a pasar.
E.- Na guerra, as persoas que a viven non teñen a culpa do que está a pasar, só son persoas normais coma nós, intentando sobrevivir ao quer está a ocorrer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario