28/5/12

Máis premios no ben veñas, maio 2012




O sábado, a partir das 17.30, no Pazo da Cultura, concorreron varios grupos musicais para presentarnos as súas composicións.
 Estas actuacións formaban parte dos concursos propostos polos equipos de dinamización dos institutos de Pontevedra para o certame do Ben veñas, maio.
 No apartado musical, o grupo VORTEX  do IES TORRENTE BALLESTER recibiu o primeiro premio coa  interpretación de "Miña luz" letra e música propia e "A Fala" música propia letra de Eduardo Pondal.
Tamén o terceiro premio recaeu nos nosos alumnos, que formaban parte de OS JARABULLOS. 
Ademais, ao remate das actuacións entregáronse os premios aos alumnos gañadores dos outros concursos.
 En narrativa curta na categoría A, dúas alumnas do Torrente Ballester recibiron o primeiro e segundo premio, son respectivamente: Aldara Otero e Tania Broullón. O segundo premio de narrativa, categoría B,  levouno Cintia Cabada, tamén do noso centro. En banda deseñada, na categoría A, o primeiro premio foi para os nosos alumnos: os irmáns Gestido.

1 comentario: