6/1/12
Un adeus sentido
No día de onte este insigne galego deixounos aos 91 anos de idade pero:
"Díaz Pardo non morreu, porque a súa obra está en todas as esquinas de Galicia, nas tendas que hai por todo o mundo de Sargadelos, no Parlamento, coa vidireira que preside o hemiciclo, na Biblioteca de Galicia, nos nosos xenes, na nosa forma de enfocar a vida," dixo o presidente galego, que destacou a modestia , a coherencia e a amabilidade de Díaz Pardo.
Manolo Rivas di lembrando a Isaac.
" Era tan pouco egoista, ou sexa, ególatra, que iso fai que un o vexa como alguén especialmente grande. Mesmo fisicamente era un home miúdo, que ás veces só comía unha mazá e un café expresso. Iso faicho ver como un Gulliver, un pequeno grande home que en moitas ocasións tivo que verllas cos liliputianos.
Foi un home do Renacemento que constrúe en Galicia a utopía da Bauhaus. Un pioneiro no ambiental, pois Sargadelos está construído con criterios de aforro enerxético. No campo da memoria, malia que era amable de trato, mostrouse irredutible (...) Era o último reduto".
Etiquetas:
pasamentos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario