Mostrando entradas con la etiqueta alumnos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta alumnos. Mostrar todas las entradas
1/2/17
13/3/12
12 máis 1
Hoxe, martes e trece fomos visitar o Salón do libro de Pontevedra, resultou moi ben pois "Mofa e Befa" agasalláronnos cunha representación teatral xenial, rimos moito con eles, logo poidemos visitar a exposición onde vimos o resultado do traballo de moitos rapaces, todos estupendos, e o noso tamén quedou moi ben no medio de todos.
Etiquetas:
alumnos,
Saídas,
Saídas . Teatro
3/11/11
E volvimos ao teatro!!!!
Hoxe con alumnos de 1º de ESO fomos ver ao Teatro Principal de Pontevedra 'Memorias dás Memorias dun neno labrego'.
O artista galego Cándido Pazó rende a mellor homenaxe ao libro "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas no 50 aniversario da súa primeira publicación. Pazó representa un monólogo escénico-narrativo baseado nos textos desta peza clave da literatura galega, ao que engade outro material da tradición popular.
Dirección e interpretación: Candido Pazó
Abrapalabra Creacións Escénicas
Gustounos moito. Felicitacións a Cándido por un traballo tan ben feito.
Etiquetas:
alumnos
1/12/10
Os alumnos opinan

Un alumno de 1º de ESO comenta a visita á illa das esculturas:
O pasado xoves, os alumnos e alumnas de 1º de ESO, do IES Torrente Ballester de Pontevedra, fixemos unha visita cultural á Illa das Esculturas.
Durante o percorrido fomos descubrindo as obras de arte que alí se atopan (a Pyramid de Dan Graham, o Laberinto de Robert Morris, a Liña de Pontevedra de Richard Long…)
Tamén descubrimos a fauna e a flora deste marabilloso, e descoñecido para moitos, parque natural de Pontevedra.
Para rematar a visita fixemos un xogo “Á procura do tesouro” que foi moi divertido.
Animo a todos os pontevedreses a que se acerquen a gozar deste lugar tan especial.
Tomás Fernández Buceta 1º ESO C.
Etiquetas:
alumnos,
opinións,
Visitas culturáis
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
