O alumnado de 1º ESO asistiu a un obradoiro de Banda Deseñada , impartido por integrantes da escola O garaxe hermético.
13/3/23
9/3/23
2/3/23
Ben Veñas, Maio
Entra nas bases do Ben Veñas, Maio
https://snl.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2023/02/Bases-BEN-VENAS-MAIO-2023.pdf
Visita a Ourense e Trasalba
O día 1 de marzo, o alumnado de 4ºESO realizou unha visida a Ourense para asistir á representación da obra de teatro clásico Agamenón. Ao rematar, coñecemos algunhas rúas de Ourense e, xa pola tarde, visitamos a casa de Otero Pedrayo, en Trasalba. Esta viaxe foi organizada polo Equipo de Dinamización, polo Departamento de Latín e polo Equipo da Biblioteca.
26/2/23
23 de febreiro , Día de Rosalía de Castro
O escritor Manuel Lourenzo Gonjzález mantivo co alumnado de 3º ESO un encontro para falar da obra de Rosalía de Castro .
25/2/23
14/2/23
Saída ao Teatro Principal
Os alumnis e alumnas de 3º ESO asistimos á representación da nova obra da Compañía Eléctrica , Miss Docet, que ten como protagonista a
Emilia Docet, a muller coñecida por ser a “Miss España Galeguista”. A interpretación
de Iria Pinheiro guía esta peza de teatro documental no que a biografía de
Emilia Docet se entretece coa doutras mulleres silenciadas despois de 1936.
24/1/23
CLUB DE LECTURA
Volvemos despois do Nadal con forzas para continuar co Club de Lectura. Agora disfrutando co libro de Ántía Yáñez O misterio de Portomarín...
11/1/23
Encontros cos nosos escritores
No mes de xaneiro visitounos o escritor Manuel Lourenzo González, que mantivo un grato encontro co alumnado. Os rapaces e as rapazas gostan moito dos libros deste escritor, sobre todo con Tanis I o Mocos.


















































