25/10/18

ARREDOR DE Mª VICTORIA MORENO

Visita do alumnado de 4º de ESO  ao mural que Correo do Vento está Pintando debaixo da Ponte da Avda de Vigo como tributo pictórico a Mª Victoria Moreno.



ENGAIOLADOS COA CREACIÓN LITERARIA





A pesar de ser pola tarde, en horario non lectivo, o alumnado respondeu con entusiasmo a este taller creativo. Está claro que Manuel Lorenzo sabe engaiolalos.


16/10/18

CURSO 2018/2019

BENVIDOS E BENVIDAS AO NOVO CURSO 2018/2019
Un ano máis convidámosvos a comprometervos coa lingua galega e esperamos fomentar a autoestima cara ao noso idioma así como o seu uso en todos os contextos posibles. Con ese obxectivo organizaremos diversas actividades: viaxaremos ata o Bierzo; pasearemos por Celanova, terra de poetas; realizaremos roteiros pola nosa benquerida Pontevedra; iremos ao teatro; participaremos en obradoiros moi entretidos e didácticos; recompilaremos cantigas, contos, lendas, ditos, refráns; promoveremos a visita ao centro de escritores e escritoras galegas...
Co galego todo é posible!!

 

6/6/18

SAÍDA A CELANOVA DO ALUMNADO DE 2º ESO

O mércores 30 de xuño o alumnado de 2º ESO participou nunha saída organizada polo Departamento de Música coa colaboración do EDLG.

Esta actividade consistiu nunha visita a Celanova, onde o alumnado puido coñecer a Casa dos Poetas, a que foi a casa familiar de Curros Enríquez. Neste espazo, onde contaron cunha visita guiada, tamén se achegaron a outras figuras literarias desta vila como o poeta Celso Emilio Ferreiro.

Despois da visita á vila de Curros seguimos cara a Vilanova dos Infantes e, antes de volver a Pontevedra, fixemos unha última parada no Castro de Castromao.






22/5/18

PABLO CARPINTERO NO IES TORRENTE BALLESTER

O alumnado de 3º e 4º de ESO tivemos a sorte de contar no noso instituto con Pablo Carpintero Arias e a súa dona. Pablo Carpinteiro ademais de ser doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela, onde foi profesor de bioquímica, é un músico,un artesán e un investigador que pertence á Asociación de Gaiteiros Galegos e dirixe dous grupois de recuperación de tradicións musicais galegas.
a nós ensinounos a evolución dos instrumentos musicais dende o Paleolítoco, tanto dos usados polas mulleres coma dos creados polos homes. Tamén nos mostrou diferentes tipos de gaitas segundo o lugar.
Todas estas explicacións foron aconpañadas pola interpretación de diferentes pezas musicais nas que acompañou a súa muller.




Sara Portela Franco e Alba Casalderrey Acuña

14/5/18

PREMIADOS NO BEN VEÑAS MAIO

BVM 2018
Vinte e cinco anos despois do nacemento do BVM, idea que parte do noso ex-comapañeiro Manuel Lourenzo González, os/as coordinadores/as dos EDLG seguen fomentando o uso da nosa lingua a través de diferentes concursos, agora coa colaboración do Concello de Pontevedra.
O alumnado do IES Torrente Ballester saíu moi ben parado: na modalidade de narrativa conseguiu tres premios; en poesía, un; e en banda deseñada, tamén un. Parabéns a Clara, Andrés, Emilia, Laura e Diego. 



11/5/18


O EDLG continúa coa campaña de divulgación do léxico galego relacionado cos eidos da vida cotiá

26/4/18

CAMIÑADAS CON Mª VICTORIA MORENO

ROTEIRO MARÍA VICTORIA MORENO
Neste roteiro o noso alumnado puido achegarse, unha vez máis, á homenaxeada no día das Letras Galegas do 2018, ao paso que tamén puido coñeder mellor a historia da nosa cidade, Pontevedra, e as transformacións que foi vivindo ao longo do tempo. 





20/4/18

SALÓN DO LIBRO

OBRADOIRO CON QUICO DA SILVA E LUÍS DAVILA
O alumnado quedou encantado

 
PERCORRIDO POLO SALÓN, CON PARADA NO TRABALLO QUE NÓS PRESENTAMOS




 

10/4/18

PRESÉNTASE "DOCE CARTAS A MARÍA VICTORIA MORENO"

No IES Torrente Ballester presentouse a obra de Ánxela Gracián Doce cartas a María Victoria Moreno, biografía novelada da escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas. A autora estivo acompañada polo académico Xesús Alonso Montero, a editora Laura Rodríguez e o director do instituto David Castro.
                                                      

5/4/18

DOCUMENTAL SOBRE MARÍA VICTORIA MORENO

Se clicas AQUÍ podes acceder ao documental sobre María Victoria Moreno, que se estreou o 4 de abril no acto académico de homenaxe á autora celebrado no IES Torrente Ballester. 

Este documental foi elaborado por Gaspar Broullón, ex-alumno de Mª Victoria, hoxe profesor de realización audiovisual. Neste  vídeo queda clara a pegada que a homenaxeada das Letras Galegas do 2018 deixou en amigos/as, alumnado, familia...

Tamén podes velo directamente dende esta entrada:


4/4/18

XORNADAS DIDÁCTICAS SOBRE MARÍA VICTORIA MORENO




Co obxectivo de achegármonos máis á persoa, á escritora, á "sementadora das letras" como di Xavier Senín, á profesora, profesión da que estaba namorada igual ca da lingua galega que fixo súa, organizamos unhas xornadas didácticas sobre Mª Victoria Moreno. Nelas tivemos o pracer de escoitar, entre outras personalidades, ao Alcalde de Pontevedra, a Víctor Freixanes, a Xavier Senín, a Fina Casalderrey e a Alonso Montero.
Ademais visionamos o documental que un ex-alumno de Mª Victoria, Gaspar Broullón, se encargou de montar.
Para rematar a xornada, alumnado do IES Torrente Ballester deu lectura ao conto inédito "Morito" que Mª Victoria nos deixou de agasallo.

                                                  


7/3/18

LEONARDO E OS FONTANEIROS

ESTREA DE LEONARDO E OS FONTANEIROS NO IES TORRENTE BALLESTER
 Os alumnos de 1º e 2º de ESO asistiron á representación teatral da adaptación da obra de Mª Victoria Moreno Leonardo e os fontaneiros, a cargo da compañía Ubú Teatro.




Asistiron a esta estrea Begoña Llácer, filla de Mª Victoria, e Pedro Ferriol, o seu viúvo.

2/3/18

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


ABRIMOS FIESTRAS E ESTENDEMOS OS SEUS VERSOS POR TODO O CENTRO