"Iso non se prepara. Eu miro para a xente, vexo o ambiente e, entón... un arranque de palabras feitas que van como polo río abaixo" Antonio Río Montero, O Ribeiro de Louzarela, brindeiro (regueifeiro)
Velaquí as fotos que se fixeron para acompañar o “caderno de recordo” que elaboramos na clase de Lingua Galega. Podedes baixar as que queirades e pasalas a papel para pegalas no caderno. Só tendes que clicar na foto e accederedes ao álbum. Que vos quede bonito. Apertas a todo o mundo e boa sorte.
Charla do realizador e guionista PANCHO LAPEÑA (13 de maio) para 3º e 2º de ESO. Despois de proxectar o seu curto O raio transparente faloulle ao alumnado sobre o audiovisual en Galicia na última década, sobre o festival de Cans, ao que presentou o seu curto o ano pasado, sobre as curtametraxes como vieiro para chegar ás longametraxes de maneira madura, as distintas canles para o visionado, on-line e fisicamente do audiovisual galego.
- CHARLA DE GONZALO VÁZQUEZ (13 de maio): Dun xeito informal Gonzalo abriu un debate cos alumnos de 4º de ESO sobre o feito creativo na Galicia contemporánea, desde unha perspectiva laboral en tempos de crise, botando unha ollada ás industrias culturais doutros países, por exemplo Irlanda para centrarse, ao final, na súa propia experiencia como deseñador no mundo da creación de moda e de vestiario para as artes escénicas, despois de ter traballado en Pontevedra, Barcelona e Italia.
Hai uns días no Salón de Actos do "Insti" os alumnos do primeiro ciclo de ESO tiveron unha sesión da animación á lectura organizada polo Departamento deNormalizaciónLingüística sobre "AS VIAXES DE ULISES".
Resultou moi positiva pois o conductor, Benxamín, axudándose dunhas diapositivas transportounos a todos a Troia , ao xeito de vivir dos troianos e contounos cousas moi interesantes dese pobo e tamén do pobo grego.
21 DE FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA
Pica no enlace e celebra connosco o DÍA DA LINGUA MATERNA,o galego, a lingua que nos debería unir, que nos debería identificar.https://youtu.be/cEgRdhnJ2Q4
En galego arrólase, xógase, trabállase, namórase...como xa vós sabedes que durante séculos se foi facendo. Convidámosvos a picar no enlace para que escoitedes a María Campos e Carlos Yus.