24/4/10

Debate


Velaí o noso equipo de Debate, profes e alumnos antes e perante a actuación.
Quedamos segundos pero estamos moi contentos de participar nesta nova experiencia. Só nos queda felicitar de corazón aos gañadores , ao equipo do IES Luis Seoane.

23/4/10

Club de debate

Un equipo do IES Torrente Ballester clasificado para a final do "Club de Debate" do Concello de Pontevedra

O Sábado 17 de Abril, no Pazo da Cultura da nosa cidade, tivo lugar a fase preliminar do PRIMEIRO CLUB DE DEBATE organizado polo Concello de Pontevedra.
O equipo formado polos alumnos de 1º de Bacharelato:



SILVIA VILLANUEVA
WAFA EL GAF
LUISA YAHAIRA LÓPEZ
NOELIA GIRÁLDEZ
GABRIEL MOREIRA
DIEGO PORTEIRO e
ÁNGEL GARCÍA
quedou clasificado para a Fase Final que terá lugar mañá sábado, 24 de abril, no Café Moderno a partires das 11,30 da mañá.
ÁNIMO RAPACES!
Yes, you can!

14/4/10

Roteiro do Caurel Letras galegas 2010


Queres coñecer O Caurel da man de Uxio Novoneyra? pois preme e poderás coñecer esta comarca lucense grazas ao roteiro que elaborou o Consello da Cultura Galega

LETRAS GALEGAS 2010

20/1/10

23/12/09

Feliz Nadal

Con esta panxoliña, O Equipo de Normalización quere desexarvos a tod@s un FELIZ NADAL e que o ano 2010 veña ateigado dunha enchenta de boa sorte.

21/12/09

Ben Falado

Queres saber curiosodades léxicas , gramaticáis ou ortográficas da nosa lingua? Interésache saber a orixe dalgúns apelidos galegos? Pois aquí podes atopar algunhas cousas interesantes.

19/12/09

QUE O APALPADOR CHE DEIXE MOITOS AGASALLOS!!!!!

Moito antes de que o Papá Noel ou Santa Claus chegara dende outras latitudes, en Galiza tamén había unha figura mítica propia do Nadal

O APALPADOR ou APALPA BARRIGAS

Rescatado do esquecemento polo investigador José André López González, este ser fantástico é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesas das altas montañas Do Caurel e Do Cebreiro .
Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Coidadosamente, palpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlles que no próximo ano non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa chea de castañas quentes.

Nesta cantiga, da tradición oral fálase deste entrañable personaxe

Vaite logo meu ninín,
marcha agora prá camiña
que vai vir o Apalpador
a palparche a barriguiña
E por que non lle pedimos este ano os agasallos ao APALPADOR?????

11/12/09

Nadal 2009-2010

Como en cursos pasados os Departamentos de Normalización Lingüística, de Educación Plástica e Visual e de Relixión, convocaron o concurso de "Postais do Nadal"
Logo dunha longa deliberación, pois todas as presentadas merecían un premio tanto pola súa calidade como polo esforzo realizado polos participantes, decidiuse que as premiadas este ano foran.......

View more documents from chusinita.
NORABOA A TOD@S!!!

8/12/09

Historia de ser muller en Galicia


Documental que fala do noso país ollando a vida das nosas mulleres a través dos séculos

29/11/09

Unha batalla moi orixinal


"REVOLT OF THE MOUSES"
Este curto de animación trasládanos a un campo de batalla imaxinario no que se enfrontan “ratos” de ordenador, contra os lapis, gomas, e sacapuntas de toda a vida e pon de manifesto o feito de que empregamos cada vez máis os ratos de computador, en detrimento destes últimos.
Estes trebellos parecen condenados a unha lenta extinción, pero na parte final......
Queres saber o que pasa ?

Entra na curtametraxe

10/11/09

A Letanía de Galicia / 1968 ( Uxío Novoneyra)

Algúns libros de NOVONEYRA


LETRAS GALEGAS 2010



Este ano o día das Letras Galegas está dedicado ao poeta do Caurel, Uxío Novoneyra.

Na súa obra, este escritor, debuxou como poucos as paisaxes e a vida da súa terra natal. Con moi poucas palabras era quen de mergullarnos na foresta do Caurel.

OS EIDOS é unha da súas obras máis coñecidas e podemos dicir que marca un antes e un despois na poesía galega xa que rompe co localismo e costumismo de Rosalía ou Castelao en favor do intimismo .

Inda que é eminentemente poeta , tamén ten algunhas obras de narrativa pensada para os máis novos como:

"O cubil do xabarín" , "Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín" ou
" Gorgorín e Cabezón"

Velaí unha pequena mostra da súa poesía:


Terras outas e soias!
Serras longas mouras!
Eu son esta coor de soedá
Ancares soñados co lonxe!
Penas de Marco de Meio Mundo en ringuileira do
Candedo ás Moás!
Alto da Lucenza Formigueiros Montouto Pía-Páxaro
Tesos cumes do Courel! Pobos probes
Ardidos de tristura mouros de queimados!
Lor ruxindo polo val pecho!
Ucedo e ucedo!
Fontiñas outas
penedos
carrozos escuros
fragas agros soutos e devesas! Labregos e pastoras
que soio vistes
istes tesos e máis estes vales!
Aturula a curuxa e canta o cuco
Medindo o tempo quedo que se para na cor e tornándose
Contra un ven cravarse no sitio onde máis se sinte!

Serra aberta (Os eidos 2)