10/11/09

LETRAS GALEGAS 2010



Este ano o día das Letras Galegas está dedicado ao poeta do Caurel, Uxío Novoneyra.

Na súa obra, este escritor, debuxou como poucos as paisaxes e a vida da súa terra natal. Con moi poucas palabras era quen de mergullarnos na foresta do Caurel.

OS EIDOS é unha da súas obras máis coñecidas e podemos dicir que marca un antes e un despois na poesía galega xa que rompe co localismo e costumismo de Rosalía ou Castelao en favor do intimismo .

Inda que é eminentemente poeta , tamén ten algunhas obras de narrativa pensada para os máis novos como:

"O cubil do xabarín" , "Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín" ou
" Gorgorín e Cabezón"

Velaí unha pequena mostra da súa poesía:


Terras outas e soias!
Serras longas mouras!
Eu son esta coor de soedá
Ancares soñados co lonxe!
Penas de Marco de Meio Mundo en ringuileira do
Candedo ás Moás!
Alto da Lucenza Formigueiros Montouto Pía-Páxaro
Tesos cumes do Courel! Pobos probes
Ardidos de tristura mouros de queimados!
Lor ruxindo polo val pecho!
Ucedo e ucedo!
Fontiñas outas
penedos
carrozos escuros
fragas agros soutos e devesas! Labregos e pastoras
que soio vistes
istes tesos e máis estes vales!
Aturula a curuxa e canta o cuco
Medindo o tempo quedo que se para na cor e tornándose
Contra un ven cravarse no sitio onde máis se sinte!

Serra aberta (Os eidos 2)


No hay comentarios:

Publicar un comentario