23/12/09
Feliz Nadal
Con esta panxoliña, O Equipo de Normalización quere desexarvos a tod@s un FELIZ NADAL e que o ano 2010 veña ateigado dunha enchenta de boa sorte.
Etiquetas:
Panxoliña
21/12/09
Ben Falado
Queres saber curiosodades léxicas , gramaticáis ou ortográficas da nosa lingua? Interésache saber a orixe dalgúns apelidos galegos? Pois aquí podes atopar algunhas cousas interesantes.
Etiquetas:
Lingua
19/12/09
QUE O APALPADOR CHE DEIXE MOITOS AGASALLOS!!!!!
Moito antes de que o Papá Noel ou Santa Claus chegara dende outras latitudes, en Galiza tamén había unha figura mítica propia do Nadal
O APALPADOR ou APALPA BARRIGAS
Rescatado do esquecemento polo investigador José André López González, este ser fantástico é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesas das altas montañas Do Caurel e Do Cebreiro .
Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Coidadosamente, palpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlles que no próximo ano non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa chea de castañas quentes.
Nesta cantiga, da tradición oral fálase deste entrañable personaxe

Vaite logo meu ninín,
marcha agora prá camiña
que vai vir o Apalpador
marcha agora prá camiña
que vai vir o Apalpador
a palparche a barriguiña
E por que non lle pedimos este ano os agasallos ao APALPADOR?????
Etiquetas:
Recuperando tradicións
11/12/09
Nadal 2009-2010
Como en cursos pasados os Departamentos de Normalización Lingüística, de Educación Plástica e Visual e de Relixión, convocaron o concurso de "Postais do Nadal"
Logo dunha longa deliberación, pois todas as presentadas merecían un premio tanto pola súa calidade como polo esforzo realizado polos participantes, decidiuse que as premiadas este ano foran.......
NORABOA A TOD@S!!!

Concursos
8/12/09
Historia de ser muller en Galicia
Documental que fala do noso país ollando a vida das nosas mulleres a través dos séculos
29/11/09
Unha batalla moi orixinal
"REVOLT OF THE MOUSES"
Este curto de animación trasládanos a un campo de batalla imaxinario no que se enfrontan “ratos” de ordenador, contra os lapis, gomas, e sacapuntas de toda a vida e pon de manifesto o feito de que empregamos cada vez máis os ratos de computador, en detrimento destes últimos.

Estes trebellos parecen condenados a unha lenta extinción, pero na parte final......
Queres saber o que pasa ?
Entra na curtametraxe
Queres saber o que pasa ?
Entra na curtametraxe
Etiquetas:
Vídeos
27/11/09
10/11/09
LETRAS GALEGAS 2010
Este ano o día das Letras Galegas está dedicado ao poeta do Caurel, Uxío Novoneyra.
Na súa obra, este escritor, debuxou como poucos as paisaxes e a vida da súa terra natal. Con moi poucas palabras era quen de mergullarnos na foresta do Caurel.
OS EIDOS é unha da súas obras máis coñecidas e podemos dicir que marca un antes e un despois na poesía galega xa que rompe co localismo e costumismo de Rosalía ou Castelao en favor do intimismo .
Inda que é eminentemente poeta , tamén ten algunhas obras de narrativa pensada para os máis novos como:
"O cubil do xabarín" , "Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín" ou
" Gorgorín e Cabezón"
Velaí unha pequena mostra da súa poesía:
Terras outas e soias!
Serras longas mouras!
Eu son esta coor de soedá
Ancares soñados co lonxe!
Penas de Marco de Meio Mundo en ringuileira do
Candedo ás Moás!
Alto da Lucenza Formigueiros Montouto Pía-Páxaro
Tesos cumes do Courel! Pobos probes
Ardidos de tristura mouros de queimados!
Lor ruxindo polo val pecho!
Ucedo e ucedo!
Fontiñas outas
penedos
carrozos escuros
fragas agros soutos e devesas! Labregos e pastoras
que soio vistes
istes tesos e máis estes vales!
Aturula a curuxa e canta o cuco
Medindo o tempo quedo que se para na cor e tornándose
Contra un ven cravarse no sitio onde máis se sinte!
Serra aberta (Os eidos 2)

Conmemoracións
8/11/09
O MAGOSTO
O magosto é unha festa tradicional galega que se celebra no mes de novembro e que ten como principais elementos a castaña e o lume.
Nos pobos galegos era tradicional que os mozos e mozas saísen en grupos á "rebusca" de castañas para logo xuntarse e asalas nunha fogueira.
Era común emborrallar a cara cos restos da fogueira, saltar as fornallas xa que trae sorte así como realizar diferentes xogos tradicionais, contar contos e cantar cancións populares ao redor do lume.
Aprovéitase tamén a ocasión para a degustación do viño novo da colleita.
Este costume que se perdera en moitos lugares da nosa xeografía, grazas ao bo facer de numerosos colectivos veciñais e asociacións culturais, volveuse a recuperar .
Algunhas cantigas:
Acabáronse as vendimas
aí veñen as esfolladas
para comer coas nenas
catro castañas asadas
Santo que estás no canizo
bota castañas embaixo
que anque non teño mandil,
bota castañas embaixo
que anque non teño mandil,
apáñochas co refaixo
As castañas son castañas,
os ourizos son ourizos;
os ollos da túa cara,
para min son dous feitizos
Etiquetas:
Costumes,
Tradicións
1/11/09
O Samaín
Na noite do 31 de Outubro os Celtas celebraban a fin a colleita cunha festa que remataba coa noite dos "espíritos".
Baleiraban cabezas de nabos grandes, posteriormente cabazas, nas que metían candeas, tamén preparaban comida dabonda para que as ánimas dos seús finados poidesen comer e quentarse ao carón das lareiras nesa noite na que se lles abrían as portas entre este mundo e o máis aló.
Vídeo atopado en Youtube con música de Mamá Cabra e feito pola Biblioteca Mestres Goldar

25/10/09
Xogos a moreas
Adiviñas
Castelanismos
Plantas
Animais invertebrados
Animais vertebrados
Clica nos nomes que están de cores e ...... A xogar!
Etiquetas:
Xogos
30/9/09
As marabillas de Galicia
As marabillas de Galicia
View more presentations from chusinita.
Etiquetas:
Unha marabilla
14/5/09
Darío Xoán Cabana sempre arredor da lingua
Coñecer a historia da nosa lingua é unha obriga e hoxe máis ca nunca. Facelo escoitando as palabras de Darío Xoán Cabana, nas voces de A Quenlla, é sempre un pracer do que non debedes prescindir.
6/5/09
Galicia
Un fermoso vídeo con fotos do noso país xunto con algunha das nosas palabras. Que goces con el!
Pardo de Cela
Como a estas alturas do curso xa moitos de vós oístes falar de Pardo de Cela e o seu axustizamento, hoxe propoñémosvos coñecer algo máis a través dunha reportaxe de Historias de Galicia, o programa de historia da TVG.
A retranca
Moito se di que os galegos somos retranqueiros. A Retranca é, ademais, o nome dunha divertidísima revista de humor galego, feita en Pontevedra, que é unha das lecturas de máis éxito na nosa biblioteca. Velaí tedes as palabras de Kiko da Silva e outros máis sobre esta característica nosa.
30/4/09
De medo
Xa iremos vendo como hai moito cine, e sobre todo curtametraxes, na nosa lingua. Para esta fin de semana recomendámosvos a curtametraxe Auga, de Ozo Perozo. Que medo!!!
27/4/09
Arrancamos coas palabras
Este é o blog que o Equipo de Normalización Lingüística do IES Gonzalo Torrente Ballester fai para ti, para vós, para nós... para que cada un dos que estamos neste centro e os que nos visitedes dende fóra poñamos experiencias, propostas, ideas para navegar pola rede con palabras en galego.
Neste curso 2008/2009 temos xa feitas varias actividades interesantes, como o Outono de Medo ou a festa do Entroido.
Para ir ensinando xa algunha cousa, dámoslle paso a O Quinto Elemento, a revista de aula de 1º C da ESO. Aquí tes o primeiro número:

Suscribirse a:
Entradas (Atom)