27/5/10

Fotorelato 2010


Velaquí as fotos que se fixeron para acompañar o “caderno de recordo” que elaboramos na clase de Lingua Galega. Podedes baixar as que queirades e pasalas a papel para pegalas no caderno. Só tendes que clicar na foto e accederedes ao álbum. Que vos quede bonito.
Apertas a todo o mundo e boa sorte.

14/5/10

"O raio transparente"

Charla do realizador e guionista PANCHO LAPEÑA (13 de maio) para 3º e 2º de ESO. Despois de proxectar o seu curto O raio transparente faloulle ao alumnado sobre o audiovisual en Galicia na última década, sobre o festival de Cans, ao que presentou o seu curto o ano pasado, sobre as curtametraxes como vieiro para chegar ás longametraxes de maneira madura, as distintas canles para o visionado, on-line e fisicamente do audiovisual galego.

- CHARLA DE GONZALO VÁZQUEZ (13 de maio): Dun xeito informal Gonzalo abriu un debate cos alumnos de 4º de ESO sobre o feito creativo na Galicia contemporánea, desde unha perspectiva laboral en tempos de crise, botando unha ollada ás industrias culturais doutros países, por exemplo Irlanda para centrarse, ao final, na súa propia experiencia como deseñador no mundo da creación de moda e de vestiario para as artes escénicas, despois de ter traballado en Pontevedra, Barcelona e Italia.

8/5/10

Novo medicamento revolucionario


5/5/10

Lemas para falar en galego




Escolma de lemas para falar galego inventados polos alumnos do Centro.

4/5/10

DECÁLOGO

3/5/10

AS VIAXES DE ULISES





Hai uns días no Salón de Actos do "Insti" os alumnos do primeiro ciclo de ESO tiveron unha sesión da animación á lectura organizada polo Departamento de Normalización Lingüística sobre "AS VIAXES DE ULISES".
Resultou moi positiva pois o conductor, Benxamín, axudándose dunhas diapositivas transportounos a todos a Troia , ao xeito de vivir dos troianos e contounos cousas moi interesantes dese pobo e tamén do pobo grego.




Mirade que atentos estaban os rapaces. !!!!!!!!

24/4/10

Debate


Velaí o noso equipo de Debate, profes e alumnos antes e perante a actuación.
Quedamos segundos pero estamos moi contentos de participar nesta nova experiencia. Só nos queda felicitar de corazón aos gañadores , ao equipo do IES Luis Seoane.

23/4/10

Club de debate

Un equipo do IES Torrente Ballester clasificado para a final do "Club de Debate" do Concello de Pontevedra

O Sábado 17 de Abril, no Pazo da Cultura da nosa cidade, tivo lugar a fase preliminar do PRIMEIRO CLUB DE DEBATE organizado polo Concello de Pontevedra.
O equipo formado polos alumnos de 1º de Bacharelato:



SILVIA VILLANUEVA
WAFA EL GAF
LUISA YAHAIRA LÓPEZ
NOELIA GIRÁLDEZ
GABRIEL MOREIRA
DIEGO PORTEIRO e
ÁNGEL GARCÍA
quedou clasificado para a Fase Final que terá lugar mañá sábado, 24 de abril, no Café Moderno a partires das 11,30 da mañá.
ÁNIMO RAPACES!
Yes, you can!

14/4/10

Roteiro do Caurel Letras galegas 2010


Queres coñecer O Caurel da man de Uxio Novoneyra? pois preme e poderás coñecer esta comarca lucense grazas ao roteiro que elaborou o Consello da Cultura Galega

LETRAS GALEGAS 2010

20/1/10

23/12/09

Feliz Nadal

Con esta panxoliña, O Equipo de Normalización quere desexarvos a tod@s un FELIZ NADAL e que o ano 2010 veña ateigado dunha enchenta de boa sorte.

21/12/09

Ben Falado

Queres saber curiosodades léxicas , gramaticáis ou ortográficas da nosa lingua? Interésache saber a orixe dalgúns apelidos galegos? Pois aquí podes atopar algunhas cousas interesantes.

19/12/09

QUE O APALPADOR CHE DEIXE MOITOS AGASALLOS!!!!!

Moito antes de que o Papá Noel ou Santa Claus chegara dende outras latitudes, en Galiza tamén había unha figura mítica propia do Nadal

O APALPADOR ou APALPA BARRIGAS

Rescatado do esquecemento polo investigador José André López González, este ser fantástico é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesas das altas montañas Do Caurel e Do Cebreiro .
Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Coidadosamente, palpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlles que no próximo ano non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa chea de castañas quentes.

Nesta cantiga, da tradición oral fálase deste entrañable personaxe

Vaite logo meu ninín,
marcha agora prá camiña
que vai vir o Apalpador
a palparche a barriguiña
E por que non lle pedimos este ano os agasallos ao APALPADOR?????