13/12/11
O Galego a nosa vantaxe
29/11/11
Por que é bo que os nenos aprendan galego
Este triptico fíxonolo chegar a Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra para a súa difusión e coidamos que merece a pena que estea aquí. Moitas grazas.
23/11/11
Carlos Blanco en apoio ós medios públicos
TODOS OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN SON IMPRESCINDIBLES PARA NORMALIZAR A NOSA LINGUA
9/11/11
Concurso de tarxetas de nadal
Ánimo! A participar todos!
3/11/11
E volvimos ao teatro!!!!
Hoxe con alumnos de 1º de ESO fomos ver ao Teatro Principal de Pontevedra 'Memorias dás Memorias dun neno labrego'.
O artista galego Cándido Pazó rende a mellor homenaxe ao libro "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas no 50 aniversario da súa primeira publicación. Pazó representa un monólogo escénico-narrativo baseado nos textos desta peza clave da literatura galega, ao que engade outro material da tradición popular.
Dirección e interpretación: Candido Pazó
Abrapalabra Creacións Escénicas
Gustounos moito. Felicitacións a Cándido por un traballo tan ben feito.
28/10/11
O Samaín
o samaín no IES Torrente Ballester de Pontevedra por chusinita
A gran festa do Primeiro de Novembro, é a máis importante do calendario celta porque daba lugar a grandes reunións de xente e a rituais de gran complexidade. A festa de Samain significa etimoloxicamente "final do verán", e refire ao momento en que deben encerrarse os rabaños dentro das cortes, o cal é indicativo dunha sociedade cuxa economía se acha baseada no pastoreo de animais.
Simbolicamente, a noite de Samain representa a eternidade. É un momento en que o tempo é abolido e o mundo do sidh (etimoloxicamente "paz". É o dominio dos deuses, os heroes e os defuntos, o Outro Mundo celta) ábrese ao mundo dos vivos.
O cristianismo apropiouse desta festa dando lugar á celebración de "Todos los Santos", isto é, a comunidade perfecta entre os vivos e os mortos.
Nos paises de tradición anglosaxona, a celebración de Samain recibe o nome de Halloween e, globalización mediante, esténdese actualmente aínda en países de tradición católica, adquirindo claros matices de festividade popular asociada a unívocos íconos de consumo masivo como cabazas e disfraces varios.
Se queres ler os contos que algúns dos teus compañeiros escribiron non tes máis que clicar no título da entrada e poderás disfrutar da súa lectura
21/10/11
Ímos ao teatro

Onte pola mañá, cos alumnos de 3º de ESO, fomos ao Pazo da Cultura de Pontevedra a ver a representación teatral "Life is a paripé" dirixida por José Luis Prieto, que tamén pon a música xunto a Carlos Mosqueira "Mos".
A peza fíxose con tres premios María Casares. Iolanda Muíños gañouno como mellor actriz protagonista, tamén levou o de mellor música orixinal e mellor espectáculo revelación.
A obra está estruturada en once "sketches" que invitan a reflexionar sobre o que somos e aparentamos ser, todo en clave de humor e parodia.
Resultounos moi entretida, pasámolo moi ben.
26/9/11
Día europeo das linguas

Desde 2001 o Día Europeo das Linguas celébrase cada 26 de setembro e neste ano cúmprense dez desde a súa institucionalización.
Europa posúe un tesouro lingüístico que cómpre manter: ademais das 23 linguas oficiais da UE, súmanse os idiomas de máis de 60 comunidades territoriais ou minoritarias, así como as linguas dos cidadáns orixinarios doutros países e continentes.
Para dar a coñecer esa diversidade, o Comité de Ministros do Consello de Europa decidiu instaurar a celebración anual do Día Europeo das Linguas.
Os obxectivos xerais do Día Europeo das Linguas son alertar a sociedade sobre a importancia da aprendizaxe de idiomas e diversificar a gama de linguas, promover a rica diversidade lingüística e cultural de Europa, que debe ser preservada e fomentada, e fomentar a aprendizaxe permanente de idiomas dentro e fóra dos centros educativos. Europa é un continente plurilingüe e Galicia achega, nese contexto, un elemento valioso para a súa característica diversidade: o galego.
22/9/11
6/6/11
Eu queriame casare
Estas dúas cantigas foron recollidas por Matias Monteagudo no lugar de Liñares, concello de Campo Lameiro (Pontevedra)
30/5/11
Outras colaboracións
Olimpíadas do saber:
Un ano máis, colaboramos, coas persoas encargadas da biblioteca, na elaboración dun concurso que chamamos do saber, porque os alumnos tiñan que ir respondendo a unhas cuestións que se ían expoñendo nun taboleiro. O equipo gañador foi o que sumou máis puntos:
1º CICLO:
1º Clasificado: “ A cabeza non para” (34 puntos).
2º Clasificado: “ Os sennome” (32 puntos).
2º CICLO:
1º Clasificado: As sulfamidas” (34 puntos).
2º Clasificado: Os frikies” (33 puntos).
III Olimpiada do saber por chusinita
Tamén participamos, xunto coas persoas encargadas da biblioteca, no concurso de narrativa curta , no que resultaron gañadores:
CATEGORÍA A (1º ciclo de ESO): ALDARA OTERO LÓPEZ (1º PREMIO) E
BRAIS GÓMEZ MARTÍN (2º PREMIO)
CATEGORÍA B (2º ciclo de ESO): CINTIA CABADA MALVAR (1º PREMIO) E SARA VIDAL GARCÍA (2º PREMIO).
CATEGORÍA C (bacharelato e ciclos formativos): María Orge (2º PREMIO). O primeiro premio quedou deserto pola baixa calidade dos traballos presentados.
CATEGORÍA D (ex–alumnos/as): Yima Lizeth Ramírez ( 2º PREMIO). Queda deserto o primeiro premio pola baixa calidade e a pouca participación
Encontros con escritoras/es
O EDLG, abusando do noso compañeiro Manuel Lourenzo González, fixemos unha actividade cos alumnos de 1º de ESO que len o seu libro Unha pantasma no colexio e cos de 2º de ESO que len Tanis l, o Mocos. Ademais de falarlles dos seus libros, comentoulles como era para el o proceso creador, deulles algunhas pautas e sobre todo animounos a escribir. Esta actividade realizouse o 27 de Maio.
Animación á lectura para os alumnos de primeiro de ESO
2/5/11
Máis premiados

No BEN VEÑAS MAIO, no certame de narrativa categoría A (ata 14 anos), as gañadoras foron dúas alumnas do IES TORRENTE BALLESTER:
1º premio: Cintia Cabada Malvar
2º premio: Aldara Otero López.
O EDLG quere felicitalas porque foron moitos os centros que participaron e os alumnos cos que tiveron que competir.
Tamén temos que darlles os nosos parabéns a Brais Gómez Martín e a Gabriel Gestido Hervés porque conseguiron o 2º premio de banda deseñada na categoría A ( ata 14 anos).



