13/2/17

ESCOLAS NAS ONDAS
Neste obradoiro o alumnado de 4º ESO aprendeu a elaborar, gravar e difundir un programa de radio en formato podcasts, co obxectivo de, dun xeito lúdico, traballar a expresión oral e a creactividade do alumnado e incentivar a creación de radios dixitais on line e canles de podcasts.
OPS
AGAL impartiu este obradoiro, para o alumnado de 3º ESO,  co obxectivo de que vexan o galego como unha entrada privilexiada para acceder ao portugués e que , polo tanto, se dean conta de que falar galego ofrece unha clara vantaxe competitiva, a que permite comunicarse co mundo da lusofonía. Dunha forma clara e amena púxose en valor a lingua galega facendo ver a súa potencialidade e contrarrestando os prexuízos

Programa radio

9/2/17

En Galicia en Galego


2/2/17

REFLEXIONAMOS SOBRE A NOSA LINGUA

1/2/17

ROTEIRO CASTELAO
Nin a chuvia puido impedir que o noso alumnado de 4º de ESO percorrera algunhas das rúas que configuran a cidade de Pontevedra de principios do séc. XX, así como algúns lugares que vinculan a Boa Vila co autor de Sempre en Galiza (o edificio do antigo Café Moderno, a sala Castelao do Museo de Pontevedra...)





VÍDEO SOBRE OS PREXUÍZOS

25/1/17

GALEGUIZANDO O INSTITUTO






11/1/17

CONVOCATORIA DO CONCURSO DE VÍDEOS
Concurso de vídeos publicitarios
O Equipo de Dinamización Lingüística do IES Torrente Ballester, con fin de promover o uso da lingua galega, convoca un concurso de vídeos, cuxas características se explican a continuación:
Tema
Os vídeos terán como obxectivo promover o uso do idioma galego, sobre todo entre a mocidade; combater os prexuízos sobre esta lingua; favorecer actitudes positivas cara a ela; etc.
Duración
Os vídeos terán unha duración máxima de cinco minutos, polo que quedarán excluídos todos aqueles que superen o dito tempo.
En todo caso, poden durar menos dese tempo sen que iso inflúa na puntuación final do traballo.
Prazo de entrega
Os participantes poderán entregar os traballos a partir do 9 de xaneiro e ata o 31 dese mesmo mes.
Quedarán descualificados os traballos entregados con data posterior.
Lugar e forma de entrega
Os traballos deberán entregarse na conserxería nun CD/DVD que irá metido nun sobre, no interior do cal figurarán tamén os datos dos participantes (nome e apelidos e curso)
Características
Excluiranse aqueles vídeos que sexan ofensivos, sexistas ou discriminatorios dalgún xeito.
Valorarase a orixinalidade, a creatividade, a ironía, a claridade da mensaxe e calidade da imaxe e do son.
Poderán levar asociadas cancións ou música para acompañar a mensaxe que se queira transmitir, sempre que estes efectos sonoros estean motivados dalgún xeito.
Todas as persoas participantes ao entregar o traballo comprométense, e polo tanto autorizan, a permitir que o Equipo de Dinamización Lingüística publique os vídeos no seu blog.
Destinatarios
Poderá participar todo o alumnado deste centro educativo, independentemente da idade e do nivel académico que estea a cursar.
Premios
Con fin de animar á participación e de valorar o esforzo, a creatividade e a dedicación das persoas participantes establécense varios premios de diversa contía:
  • Primeiro premio: 75 €
  • Segundo premio: 50 €
  • Accésit: 25 €
Os premios recibiranse en forma dun vale co que os gañadores ou gañadoras poderán comprar nos comercios de Pontevedra material diverso como roupa, material escolar, etc.

23/11/16

DESENGAIOLANDO A MANUEL MARÍA

O alumnado de 1º ESO, o día 22 de novembro, participou na actividade, impartida por ETNOGA, "Desengaiolando a Manuel María", unha xincana literaria para ampliar os coñecementos sobre o autor chairego.




SAÍDA AO TEATRO

"> O alumnado de 3º ESO foi ao teatro, o día 17 de novembro, a ver GET BACK de Eme2. Unha obra na que uns personaxes, emigrantes, teñen que compartir un tempo dentro dun vagón, nun subterráneo de Londres. Xorden conflitos, que falando, se acaban resolvendo.

5/10/16

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA PONSE EN MARCHA DE NOVO NESTE CURSO 2016/2017


Con forza, con máis entusiasmo ca nunca e co obxectivo máis apaixonante do mundo: 

FACER QUE O  GALEGO ENRAÍCE NAS VIDAS DOS PAIS, DAS NAIS,  DO ALUMNADO E DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO TORRENTE BALLESTER.

Así iniciamos unha campaña dirixida aos pais:

Fala cos teus fillos 
en galego!

Transmítelles 
amor polo idioma!

Edúcaos 
sen prexuízos!

Serán
máis tolerantes!

Serán
mellores persoas!

Recordamos as leis que nos amparan:

Constitución Española
Art. 3.1. O castelán é a lingua oficial do Estado. Todos os españois teñen o deber de coñecela e o dereito de usala
Art. 3.2. As demais linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos.
Art. 3.3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.

Estatuto de Autonomía
Art. 5.1. A lingua propia de Galicia é o galego.
Art. 5.2. Os idiomas galego e castelán son oficiais e todos teñen o dereito de os coñecer e os usar.
Art. 5.3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
Art. 5.4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

Lei de Normalización Lingüística
Art. 2º. Os poderes públicos garantirán o uso normal do galego e do castelán, linguas oficiais na comunidade Autónoma.
Art. 13.2. As autoridades educativas da Comunidade Autónoma arbitrarán as medidas encamiñadas a promover o uso progresivo do galego no ensino.

Dirixímonos a toda a comunidade educativa e convidámola a que se nos una, porque é un labor de todos e todas:

Participa 
na
NORMALIZACIÓN
DO
GALEGO
PORQUE
MANTELO VIVO
DEPENDE DE TI