Alumnado de 1º B de ESO e de 4º C
Con motivo do Día das Letras Galegas e de dedicárselle este ano a
Carlos Casares, o alumnado de ESO dos cursos 1º B e 4º C
participaron un programa de radio da emisora Onda Cero. Nel leron
unha biografía de Casares e textos de obras deste autor para animar
á súa lectura. Igualmente participaron nunha rolada de preguntas ao
alcalde de Pontevedra sobre a situación lingüística no Municipio
de Pontevedra e sobre as medidas que que podían adoptar para
favorecer o seu uso.
Finalmente, dous alumnos, como mostra de que o galego tamén vale
para as actividades de lecer que adoitan realizar os máis novos,
participaron nunha pequena pelexa de galos ou regueifa.
Por parte do profesorado participante nesta actividade informouse
sobre o labor da biblioteca do centro como ente dinamizador e sobre o
Programa de Voluntariado Solidario.
Así mesmo, informouse do labor dun Equipo de Dinamización
LingüÍstica e a súa importancia no proceso de normalización da
Lingua Galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario