9/5/17




 ENCONTRO CUN ESCRITOR
 Dentro das actividades "Encontro cun escritor", cuxo obxectivo é achegar o alumnado á nosa literatura e interesalos no proceso creador, onde a lingua galega é o eixo vertebrador, contamos co escritor Tomás González Ahola, exalumno do noso instituto. Tomás estudou Filoloxía Clásica na USC, é tradutor do finés e inglés ao galego, ademais, despois de crear a imprenta Sacaúntos, converteuse en editor, pois é cofundador da empresa editorial Urco, así como da editorial Contos Estraños. Porén, tamén é autor dunha ampla obra, dentro da cal o noso alumnado de 1º e 2º de ESO leu Alaia e a deusa e Da fría e distante estrela polar.






O alumnado participou activamente neste encontro, con moitas preguntas sobre a súa etapa de estudante no Torrente Ballester, sobre o profesorado que lle deu clases, os primeiros contos que escribiu, o proceso creador, a inspiración, as editoriais galegas...





No hay comentarios:

Publicar un comentario