Asistencia
a un xuízo na Audiencia Provincial (4º ESO C )
O obxectivo desta visita foi de poñer en coñecemento do
alumnado por unha parte o funcionamento da xustiza e por outro ver en
directo a aplicación do vocabulario que viran na aula.
Ademais puideron realizarlles preguntas aos maxistrados, ao fiscal e
aos avogados da defensa sobre diversos aspectos relacionados co
mundo da xustiza, a situación da lingua galega nese ámbito e o tipo
de lingua empregado nos procedementos xudiciais.
Igualmente puideron asistir a dous xuízos, malia que nun caso houbo
conformidade por parte da acusada e que no outro só compareceu un
dos acusados, polo que tivo que ser adiado para outra data. Aínda
así, e á espera de poder asistir a un xuízo completo, se é
posible, puideron coñecer como funciona un procedemento xudicial e
puideron comprobar que a lingua galega é tan válida como outra
calquera para tales procedementos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario