23/12/09

Feliz Nadal

Con esta panxoliña, O Equipo de Normalización quere desexarvos a tod@s un FELIZ NADAL e que o ano 2010 veña ateigado dunha enchenta de boa sorte.

21/12/09

Ben Falado

Queres saber curiosodades léxicas , gramaticáis ou ortográficas da nosa lingua? Interésache saber a orixe dalgúns apelidos galegos? Pois aquí podes atopar algunhas cousas interesantes.

19/12/09

QUE O APALPADOR CHE DEIXE MOITOS AGASALLOS!!!!!

Moito antes de que o Papá Noel ou Santa Claus chegara dende outras latitudes, en Galiza tamén había unha figura mítica propia do Nadal

O APALPADOR ou APALPA BARRIGAS

Rescatado do esquecemento polo investigador José André López González, este ser fantástico é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesas das altas montañas Do Caurel e Do Cebreiro .
Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Coidadosamente, palpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlles que no próximo ano non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa chea de castañas quentes.

Nesta cantiga, da tradición oral fálase deste entrañable personaxe

Vaite logo meu ninín,
marcha agora prá camiña
que vai vir o Apalpador
a palparche a barriguiña
E por que non lle pedimos este ano os agasallos ao APALPADOR?????

11/12/09

Nadal 2009-2010

Como en cursos pasados os Departamentos de Normalización Lingüística, de Educación Plástica e Visual e de Relixión, convocaron o concurso de "Postais do Nadal"
Logo dunha longa deliberación, pois todas as presentadas merecían un premio tanto pola súa calidade como polo esforzo realizado polos participantes, decidiuse que as premiadas este ano foran.......

View more documents from chusinita.
NORABOA A TOD@S!!!

8/12/09

Historia de ser muller en Galicia


Documental que fala do noso país ollando a vida das nosas mulleres a través dos séculos