27/3/22

Coñecemos os nosos ilustrados e a historia de Pontevedra: Roteiro Sarmiento

  O 23 de marzo, o alumnado de 3º ESO C participou no roteiro Sarmiento, organizado polo Departamento de Normalización .







Coñecemos a nosa historia

 O mes de marzo, o alumnado de 1 ESO  realizou  unha excursión ao castro de Baroña, ao dolmen de Axeitos e ao castro de Neixón, actividade organizada polo Departamentpo de Historia. 






22/3/22

8 de marzo

 Este curso, o departamento de Francés, puxo en marcha un proxecto en etwinning xunto co instituto francés Lycée Raymond Savignac de Villefranche de Rouergue (Francia). O tema escollido foi a igualdade de xénero.

Este proxecto busca sensibilizar ao alumnado sobre a existencia de estereotipos asignados a homes e mulleres que non contribúen ao desenvolvemento da sociedade e alertarlles sobre a importancia da igualdade de xénero.

Tamén pretende desenvolver as competencias dixitais, lingüísticas e culturais así como o pensamento crítico e creativo e a autonomía e responsabilidade dos estudantes.

Entre outras actividades, o alumnado tivo que facer descubrir personalidades femininas que destacan en diversos ámbitos. Este traballo expúxose o 8 de marzo en francés e galego.





15/3/22

Rosalía de Castro: a palabra feita danza

 


 O poema Adios ríos, adios fontes, do libro Cantares gallegos (1863),  foi musicado en moitas ocasións. Porén , agora temos algo novo: o poema feito baile. Adriana Silveira (voz e danza) e Ana Loroño (voz e guitarra), alumnas de 3º ESO, levan a cabo unha perfecta combinación de música, voz e baile.

11/3/22

8 de marzo: Día Internacional da Muller

A Organización das Nacións Unidas é a entidade que comezou a celebrar o Día Internacional da Muller, concretamente o 8 de marzo de 1975. O Día Internacional da Muller é unha xornada de reivindicación e loita que xurdiu das actividades dos movementos obreiros a finais do século XX en América do Norte e Europa. Esta data serve para conmemorar a loita das mulleres por conseguir unha igualdade real de dereitos na sociedade. Despois de máis de cen anos de movementos feministas, a desigualdade continúa a ser unha realidade. Esta data serve tamén para homenaxear as mulleres que impulsaron eses ideais.

Día de Rosalía

27/2/22

23 de febreiro, Día de Rosalía

Selección de videopoemas elaborados polo alumnado de 3º ESO

25/2/22

23 de febreiro, Día de Rosalía

Selección de videopoemas eleborados polo alumnado de 3º ESO

23 de febreiro, Día de Rosalía

O alumnado de 2º ESO homenaxeou a Rosalía coa elaboración de carteis. Aquí temos unha mostra :

23 de febreiro: Día de Rosalía

Día de Rosalía, semana de Rosalía, ano de Rosalía... Rosalía de Castro, sempre. O alumnado de 1ºESO realizaron un debuxo no que plasmaban as sensacións que lle producían algúns versos de Rosalía. Aquí temos unha representación da súa creatividade.

14/2/22

Galego, lingua de namorarar, pero de namorar "nunha relación respectuosa e igualitaria, sen marxinacións nin submisións", como así queren amiosar os alumnnos e as alumnas nos seus poemas.

14 de febreiro: o amor dentro dunha relación respectuosa e en igualdade.

11/1/22

Noraboa a Antía Carrera Losada, de 2ºESO B, gañadora do certame de Felicitacións de Nadal que organiza o Departamento de Relixión. Un premio moi merecido, aínda que había outras postais tamén moi inetresantes, como as de Irene Bermúdez, de 2º ESO D, entre outras moitas.
En decembro, o alumnado de 1º e 2º da ESO que cursa a materia de Relixión, asistiu ao Belén de Valga e á Casa Museo de Rosalía de Castro, acompañado polas profesoras de Relixión, EF, Francés, Tecnoloxía e Lingua Galega. Unha xornada diferente e moi agradable para todos e todas.