11/3/22
8 de marzo: Día Internacional da Muller
A Organización das Nacións Unidas é a entidade que comezou a celebrar o Día Internacional da Muller, concretamente o 8 de marzo de 1975. O Día Internacional da Muller é unha xornada de reivindicación e loita que xurdiu das actividades dos movementos obreiros a finais do século XX en América do Norte e Europa. Esta data serve para conmemorar a loita das mulleres por conseguir unha igualdade real de dereitos na sociedade. Despois de máis de cen anos de movementos feministas, a desigualdade continúa a ser unha realidade. Esta data serve tamén para homenaxear as mulleres que impulsaron eses ideais.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario