22/3/22

8 de marzo

 Este curso, o departamento de Francés, puxo en marcha un proxecto en etwinning xunto co instituto francés Lycée Raymond Savignac de Villefranche de Rouergue (Francia). O tema escollido foi a igualdade de xénero.

Este proxecto busca sensibilizar ao alumnado sobre a existencia de estereotipos asignados a homes e mulleres que non contribúen ao desenvolvemento da sociedade e alertarlles sobre a importancia da igualdade de xénero.

Tamén pretende desenvolver as competencias dixitais, lingüísticas e culturais así como o pensamento crítico e creativo e a autonomía e responsabilidade dos estudantes.

Entre outras actividades, o alumnado tivo que facer descubrir personalidades femininas que destacan en diversos ámbitos. Este traballo expúxose o 8 de marzo en francés e galego.





No hay comentarios:

Publicar un comentario