26/5/22
PALABRAS DE NOSO
Chámome Candela Silva e fixen un traballo voluntario para a clase de galego.
Un día púxenme a pensar en que había moitas palabras en galego que só escoitaba na miña casa. Pescudei en Google, busquei sinónimos e preguntei a algúns familiares. Tamén usei a cabeciña que, como di a miña avoa, non para.
Fixen unha compilación de termos enxebres que estaban a deixarse de lado en favor dos comúns co castelán.
Aquí vos presento unha pequena mostra:
- >Fácil - Doado.
- Cambiar - Mudar.
- Levantarse - Ergerse.
- Esperar - Agardar.
- Molestar - Amolar.
-Máis alá de - Alén.
- Nada - Ren.
- Investigar - Pescudar.
- Maneira - Xeito.
- Aportar - Achegar.
- Coller manía - Estoxar.
- Ser moi inquedo - Ter un fugarilllo no cu.
- Botar a bronca - Rifar.
- Romper - Escachar.
- Rápido - A fume de carozo.
- Ser parva - Ter moita carroucha.
- Morrer - Finar.
- Gatear - Agatuñar</i>
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario