26/5/22

PALABRAS DE NOSO

Chámome Candela Silva e fixen un traballo voluntario para a clase de galego. Un día púxenme a pensar en que había moitas palabras en galego que só escoitaba na miña casa. Pescudei en Google, busquei sinónimos e preguntei a algúns familiares. Tamén usei a cabeciña que, como di a miña avoa, non para. Fixen unha compilación de termos enxebres que estaban a deixarse de lado en favor dos comúns co castelán. Aquí vos presento unha pequena mostra: - >Fácil - Doado. - Cambiar - Mudar. - Levantarse - Ergerse. - Esperar - Agardar. - Molestar - Amolar. -Máis alá de - Alén. - Nada - Ren. - Investigar - Pescudar. - Maneira - Xeito. - Aportar - Achegar. - Coller manía - Estoxar. - Ser moi inquedo - Ter un fugarilllo no cu. - Botar a bronca - Rifar. - Romper - Escachar. - Rápido - A fume de carozo. - Ser parva - Ter moita carroucha. - Morrer - Finar. - Gatear - Agatuñar</i>

18/5/22

Concurso Videopoemas

Noraboa a Adriana Silveira Ríos e a Ana Loroño por ser finalistas no Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María, organizado pola Casa-Museo Manuel María. Nesta 5ª edición, a calidade dos traballos era extraordinaria, como así o demostra a composición presentada por estas rapazas de 3º ESO, e que se pode consukltar neste mesmo blog.

10/5/22

Entrega de premios do certame Ben Veñas Maios

Noraboa a Antía Carrera, Pilar Ramos e Andrés Pardo, do IES Torrente Ballester . As dúas primeiras, alumnas de 2 ESO, gañaron o segundo premio de narrativa Categoría A, cos relatos titulados De aquí para alá e Demasiado tarde, respectivamente. Andrés Pardo, gañou o priemeiro premio de narrativa na categoría B co relato titulado Artigo 172.

6/5/22

A nosa cultura, a nosa tradición: a rapa das bestas de Sabucedo

A rapa das bestas de Sabucedo, declarada festa de interese turístico internacional, destaca , de entre todas as que se celebran en Galicia, porque conserva a pureza da tradición. Neste curro, as aloitadoras e os aloitadores enfróntanse ás bestas sen cordas nin paus, para inmobilizalos e raparlles as crinas. Esta nobre e perigosa loita coas bestas, apréndese en Sabucedo desde nenos. BREIXO PAZ OBELLEIRO, de 4 ESO, bo coñecedor da rapa de Sabucedo, é o creador deste interesante vídeo sobre esta celebración ancestral.