5/11/21

A VIAXE PERFECTA (Paula Gómez) O martes 19 de outubro, as nenas e nenos de 2º da E.S.O. do IES Torrente Ballester, fomos gozar dunha ruta de sendeirismo e dunha visita ao mosteiro de Armenteira. Ese día todos e todas estabamos moi nerviosos porque era a nosa primeira excursión dende que chegamos ao instituto. Indo a coller o autobús falabamos ilusionados e contentos imaxinándonos o que ía a pasar e contándonos cousas. A viaxe en autobús foi amena, xa que iamos admirando a paisaxe dos lugares polos que pasabamos; por alí pasa o río Umia, que dá o nome á comarca: Ribadumia. Vimos moitas viñas e adegas de albariño polo camiño, xa que é moi típico de alí. Cando chegamos descubrimos un lugar cheo de natureza, onde se respiraba aire puro, cousa que me marabillou. Camiñamos uns poucos quilómetros e paramos a merendar nunhas acolledoras mesas de madeira rodeadas de árbores. Antes de continuar paramos na aldea labrega, un lugar con moitas figuras feitas a pedra: un hórreo, un neno e unha ponte, onde tomamos fotografías para inmortalizar e lembrar ese día. Seguimos camiñando outro pouco e o último tramo foi o máis custoso, pero levouse ben. Estabamos cansos, pero o son do río, dos paxaros e da natureza, deleitábanos e esquecemos o cansazo. Ao fin chegamos arriba, ao mosteiro , e os de relixión entramos nel. Recibiunos unha monxa moi simpática e agradábel. Levounos dentro, a unha sala, e alí contounos que ela era a noviza do convento e cantas monxas vivían nel. Tamén nos contou como era a vida alí e un pouco da historia do mosteiro. Cando saímos estábanos agardando o autobús e cansos, pero contentos, volvemos ao centro . Gustoume moito a ruta e o mosteiro. Penso que foi a viaxe perfecta porque gozamos da natureza e aprendemos un pouco de cultura e historia. Aprendín cousas moi interesantes e puiden apreciar outras marabillosas, é dicir, foi un día digno de lembrar

No hay comentarios:

Publicar un comentario