17/12/21

OLAXONMARIO

O xoves 16 de decembro, visitou o noso centro Mario Brión, youtubeiro de Boiro coñecido como Olaxonmario, recoñecido como mellor youtubeiro nos V Premios Youtubeiras, certame no que acadou dous galardóns. Do seu vídeo galardoado, Por que é que non entendo o portugués?, sinalouse que se trataba dun "dos vídeos en galego non musicais que está a ter maior repercusión dende o seu lanzamento en Youtube. Olaxonmario veu ao noso centro para charlar co alumnado de 4º ESO sobre a actualidade en youtube e no mundo das redes en galego .

ANDAINA POLA RUTA DA PEDRA E DA AUGA: ALUMNADO DE 4ºESO

Organizado polo Departamento de Educación Física, o Equipo de Dinamización colaborou na organización da andaina pola Ruta da Pedra e da Auga

ROTEIRO MARÍA VICTORIA MORENO

ROTEIRO MARÍA VICTORIA MORENO
O xoves 11 de decembro, os alumnos de 2ºESO realizaron un interesante roteiro, pola cidade de Pontevedra no que se lembraba aqueles lugares máis emblemáticos relacionados coa escritora María Victoria Moreno, escritora que lle dá nome á nosa Biblioteca .Este roteiro foi organizado polo Equipo de Dibnamización Lingüística, coa colaboración do Departamento de Educación Física e do Servizo de Servizo de Normalización lingüística do Concello de Pontevedra .

25/11/21

DÍA INTERNACIONAL PARA A TOLERANCIA

O 16 de novembro, o alumnado de 3º ESO que imaparte RELIXIÓN conmemoraron o Día Internacional para a Tolerancia. O dicionario da RAG define a palabra tolerancia como "Calidade de quen respecta as opinións e actitudes dos demais que non coinciden coas súas". Dentro desa tolerancia debemos incluír o respecto por todas as culturas e por todas as linguas.

5/11/21

No IES Torrente Ballester conmemoramos o Mes da Ciencia en Galego e o Día da Ciencia en Galicia, este ano dedicado a Jimena Fernández de la Vega, primeira muller licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Na súa carreira como investigadora incorpora a xenética ao ámbito da saúde, converténdose na pioneira da xenética médica en España. Estamos a falar duns tempos nos que non era doado para unha muller ser admitida na Universidade nin recoñecida nos ámbitos científicos, de aí a importancia de que a RAGC (Real Academia Galega das Ciencias) lle dedique o Día da Ciencia deste ano 2021.
A VIAXE PERFECTA (Paula Gómez) O martes 19 de outubro, as nenas e nenos de 2º da E.S.O. do IES Torrente Ballester, fomos gozar dunha ruta de sendeirismo e dunha visita ao mosteiro de Armenteira. Ese día todos e todas estabamos moi nerviosos porque era a nosa primeira excursión dende que chegamos ao instituto. Indo a coller o autobús falabamos ilusionados e contentos imaxinándonos o que ía a pasar e contándonos cousas. A viaxe en autobús foi amena, xa que iamos admirando a paisaxe dos lugares polos que pasabamos; por alí pasa o río Umia, que dá o nome á comarca: Ribadumia. Vimos moitas viñas e adegas de albariño polo camiño, xa que é moi típico de alí. Cando chegamos descubrimos un lugar cheo de natureza, onde se respiraba aire puro, cousa que me marabillou. Camiñamos uns poucos quilómetros e paramos a merendar nunhas acolledoras mesas de madeira rodeadas de árbores. Antes de continuar paramos na aldea labrega, un lugar con moitas figuras feitas a pedra: un hórreo, un neno e unha ponte, onde tomamos fotografías para inmortalizar e lembrar ese día. Seguimos camiñando outro pouco e o último tramo foi o máis custoso, pero levouse ben. Estabamos cansos, pero o son do río, dos paxaros e da natureza, deleitábanos e esquecemos o cansazo. Ao fin chegamos arriba, ao mosteiro , e os de relixión entramos nel. Recibiunos unha monxa moi simpática e agradábel. Levounos dentro, a unha sala, e alí contounos que ela era a noviza do convento e cantas monxas vivían nel. Tamén nos contou como era a vida alí e un pouco da historia do mosteiro. Cando saímos estábanos agardando o autobús e cansos, pero contentos, volvemos ao centro . Gustoume moito a ruta e o mosteiro. Penso que foi a viaxe perfecta porque gozamos da natureza e aprendemos un pouco de cultura e historia. Aprendín cousas moi interesantes e puiden apreciar outras marabillosas, é dicir, foi un día digno de lembrar
CELEBRANDO O SAMÁIN Para conmemorar o Samían, o alumnado do centro adornou as aulas con motivos propios destas datas.

10/5/21

 LETRAS GALEGAS 2021. XELA ARIAS

Para saber máis entra nestas páxinas:

 https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas

 https://academia.gal/letras-galegas/2021/xela-arias


1/5/21

 PREMIADOS NO BEN VEÑAS MAIO DO IES TORRENTE BALLESTER

XXXVIII CERTAME DE BANDA DESEÑADA:

CATEGORÍA B( primeiro premio): "Arredor de min" de Miguel Bouza Rodríguez






XX CERTAME DE POESÍA:

CATEGORÍA A ( primeiro premio): "Con alma e sangue galegos" de Alexandre Garrido Roca.

CATEGORÍA B (primeiro premio): "Non quero ser coma ti" de Mario Elías Blanco Boullosa 

XXVIII CERTAME DE NARRACIÓN CURTA:

CATEGORÍA A (segundo premio):"Voltas e revoltas da vida" de Marcia González García.

CATEGORÍA B (segundo premio): "Ninguén" de Andrés Pardo Carballo

Parabéns a todas e todos!!

 


26/3/21

REGUEIFAS

O Concello de Pontevedra ofreceunos un obradoiro de iniciación ao coñecemento e á práctica da poesía oral improvisada galega, centrándose na regueifa e traballándoa dun xeito lúdico. Nel traballaron as ferramentas de memoria, rima e recursos léxicos e guiáronos no canto, na versificación e xestualidade. Foi todo un éxito cuxo remate final o puxo o alumnado cantando o Himno Galego. 





 






17/3/21

 ILUSTRACIÓN CATEGORÍA B

              A GAÑADORA


10/3/21

 ASÍ ILUSTRA A ROSALÍA O NOSO ALUMNADO. ESTÁ CLARO QUE CONTAMOS CON GRANDES ARTISTAS.

         A GAÑADORA CAT.A
   

 

4/3/21

O EDLG DO IES TORRENTE BALLESTER CONTA CON NOVAS COLABORACIÓNS. A PROFESORA BEGOÑA ALONSO DO DEPARTAMENTO DE MÚSICA APORTA AS NOTAS MUSICAIS A XELA ARIAS. DESPOIS A VOZ CORRERÁ A CARGO DO ALUMNADO