ENCONTRO CON Mª SOLAR
O martes 21 de novembro acudimos ao Teatro Principal co alumnado de 4º de ESO, que previamente lera Os nenos da varíola, para unha charla entre María Solar, Marta López, microbióloga do CSIC e a responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC, Laura Martínez.
María Solar é licenciada en Xornalismo e en Bioloxía ademais de mestra. Como xornalista traballou na Radio Galega, onde dirixiu e presentou o programa As tardes da Galega, e na TVG, onde presentou programas como Zigzag diario, Ciencianosa, En pé de festa, Arrampla con todo e actualmente: Revista fin de semana.
Algunhas das súas obras son:
Literatura infantil: Vou ter un irmán!!!, As meigas de Lupa, O meu pesadelo favorito,...
Narrativa: As horas roubadas, Os nenos da varíola,...
Neste encontro, de forma atractiva e a través dunha conversa acerca do libro, estas tres mulleres que nos acompañaron achegaron ao alumnado a un dos feitos máis importantes da historia da medicina como é o descubrimento da vacina da varíola por Jenner. Porén, fixeron especial fincapé, no papel dos protagonistas da Expedición Filantrópica de Balmis, sobre todo, no deses nenos elixidos para esa cadea de transporte aos que María Solar lles pon personalidade no seu libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario