22/2/17

2º PREMIO CONCURSO CARTAS DE AMOR


Querida avoa:


Xa van sete anos dende que xa non estás, pero pese a iso, nunca me vou esquecer de ti. O día que te perdín, todo era gris, escuro e sen sentido; a túa morte marcou a miña vida.
Esta carta dedícocha para agradecerche tantas cousas, que unha simple folla en branco non chega para expresar todos os meus sentimentos cara a ti.
En primeiro lugar, darche as grazas por ter estado aí nos bos e malos tramos da miña vida, por axudarme a superar tantos obstáculos e ensinarme que nesta vida, se non loitas polo que queres, non consegues nada.
En segundo lugar, agradézoche que me axudaras a ser a persoa que hoxe en día son, cos obxectivos claros na vida e cunha personalidade propia.
Por último, grazas por seguir coidándome dende onde esteas e seguir apoiándome. 
Sempre fuches, es e serás a mellor avoa que unha neta poderá ter.

Ata sempre!

 1º PREMIO CONCURSO CARTAS DE AMOR





16/2/17




CHARLA para 1º de Bacharelato impartida por A Mesa:" Galicia e as relacións cos países de lingua portuguesa: explicación das dimensións do sistema lingüístico galego-portugués, posibilidades que abre en diferentes ámbitos e que é o que podemos facer para aproveitalas". O título xa é suficientemente explicativo e, de novo, pretendeuse incidir nas vantaxes de usar a nosa lingua.

13/2/17

ESCOLAS NAS ONDAS
Neste obradoiro o alumnado de 4º ESO aprendeu a elaborar, gravar e difundir un programa de radio en formato podcasts, co obxectivo de, dun xeito lúdico, traballar a expresión oral e a creactividade do alumnado e incentivar a creación de radios dixitais on line e canles de podcasts.
OPS
AGAL impartiu este obradoiro, para o alumnado de 3º ESO,  co obxectivo de que vexan o galego como unha entrada privilexiada para acceder ao portugués e que , polo tanto, se dean conta de que falar galego ofrece unha clara vantaxe competitiva, a que permite comunicarse co mundo da lusofonía. Dunha forma clara e amena púxose en valor a lingua galega facendo ver a súa potencialidade e contrarrestando os prexuízos

Programa radio

9/2/17

En Galicia en Galego


2/2/17

REFLEXIONAMOS SOBRE A NOSA LINGUA

1/2/17

ROTEIRO CASTELAO
Nin a chuvia puido impedir que o noso alumnado de 4º de ESO percorrera algunhas das rúas que configuran a cidade de Pontevedra de principios do séc. XX, así como algúns lugares que vinculan a Boa Vila co autor de Sempre en Galiza (o edificio do antigo Café Moderno, a sala Castelao do Museo de Pontevedra...)





VÍDEO SOBRE OS PREXUÍZOS