3/3/21

  SEGUIMOS LEMBRANDO A ROSALÍA


 




2/3/21

 PREMIOS NARRATIVA

1. Categoría A (1º, 2º e 3º de ESO):

1º premio: Antía Carrera Losada (1º ESO A), por “De vocación, grafitero”

2º premio: Iván Maíllo Blanco (1ºESO D), por “Na trincheira”

Accésit: Paula Gómez Moreira (1ºESO D), por “Cordas de ilusión”


2. Categoría B (4º de ESO, Bacharelato e Ciclo Formativo):

1º premio: Nicolás Balea Grela (1º Bacharelato A), por “O pozo”

2º premio: Gonzalo Valiñas Baños (2º Bacharelato A), por “Recordos dunha
vida pasada”

24/2/21

 UN AVÓ E O SEU NETO POÑEN VOZ Á "MUSA DO POBO"



23/2/21

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA



19/2/21






 CHARLA DE FRANCISCO DUBER GARCÍA  para primeiro de bacharelato. O alumnado deste nivel tivo a sorte de escoitar a este profesor titular da USC que lles falou das linguas en contacto. Duber insistiulles na importancia do multilingüismo e do enriquecemento que supón a aprendizaxe doutras linguas. Tamén lles expuxo as diferenzas entre os territorios do norte da Península e os do sur. Os primeiros contan cunha riqueza lingüística  que non existe nos do sur. Esperamos que as palabras do profesor axuden ao alumnado a valorar o noso patrimonio lingüístico.

11/2/21









 

30/1/21






 

6/11/20

 Iniciamos un novo curso escolar(2020/2021) condicionado polo COVID-19, pero intentaremos seguir traballando para achegar a todo o alumnado á importancia de comprometernos coa nosa lingua. Por iso agradecemos ao Concello de Pontevedra a oferta do obradoiro: OPS! O galego, a nosa vantaxe, co que o alumnado de 3º de ESO puido comprobar que coa lingua galega podemos voar lonxe.







14/5/20

CARVALHO CALERO, LETRAS GALEGAS 2020

Para saber quen foi Carvalho Calero, entra neste enlace:
https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0007.html
Ou neste outro:
https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas

29/4/20

PREMIOS BVM

MOITOS PREMIOS PARA O TORRENTE BALLESTER NO BVM
En Banda Deseñada na categoría A o gañador foi Miguel Bouzas.
En Narrativa, categoría A tivemos tres premios: o primeiro para Nerea Redondo e dous segundos para Manuel Salgado e Anxo Rodríguez.
Narrativa, categoría B: o segundo premio recibiuno Andrés Pardo.
Poesía, categoría B: o segundo premio foi para Mario Blanco.
Parabéns a todos e todas

13/3/20

VOLVEMOS AO TEATRO

O alumnado de Terceiro de ESO asistiu á representación de Vida de cans de Talía Teatro. Encantoulles a obra.



5/3/20

MICRORRELATOS DE MICROMACHISMOS

1º CONCURSO



3/3/20

XA CASE SOMOS XORNALISTAS NA NOSA LINGUA

SEGUIMOS TRABALLANDO COA PRENSA, PERO AGORA COMO XORNALISTAS

19/2/20

EXPOSICIÓN GALAICOS

O alumnado de primeiro de ESO visitou a exposición Galaicos, para coñecer o patrimonio cultural ligado ás Rías Baixas e a Galicia, pois pola súa posición foron un espazo de encontro entre dous mundos o atlántico e o mediterráneo.


TRABALLAMOS CON NÓS DIARIO

Por fin temos un diario galego e a través del achegámonos ao mundo