O alumnado de primeiro de ESO visitou a exposición Galaicos, para coñecer o patrimonio cultural ligado ás Rías Baixas e a Galicia, pois pola súa posición foron un espazo de encontro entre dous mundos o atlántico e o mediterráneo.
19/2/20
IMOS DE ROTEIROS: SARMIENTO E CASTELAO
O alumnado de terceiro fixo o roteiro Sarmiento e o de cuarto andou por Pontevedra da man de Castelao. Ademais de recordar a persoeiros da nosa cultura coñecemos mellor a nosa cidade.
O ALUMNADO PARTICIPA NAS ACTIVIDADES DE DLG
En novembro levamos a cabo varias actividade: postais de nadal, teatro para os de terceiro (Bernarda de Malasombras), certame de narrativa...
26/9/19
BENVIDAS E BENVIDOS AO NOVO CURSO
ARRANCA O TREN DE DLG
O tren do EDLG do IES Torrente Ballester ponse en marcha neste curso2019-20.
Animámosvos a subir nel e pasear polos diferentes vagóns nos que atoparedes diversas actividades que serán do voso interese e nas que deberedes colaborar para levalas a cabo. O noso obxectivo é a defensa da nosa lingua e da nosa cultura e pretendemos conseguir que todo o alumnado a empregue en todas as situacións con normalidade e con orgullo, o orgullo de defender o noso.
31/5/19
ENCONTRO CON MANUEL LOURENZO GONZÁLEZ
O alumnado de 2º de ESO leu o libro Tanis I, o Mocos e despois puido conversar co autor, Manuel Lourenzo, que conseguiu contactar con eles e que participasen na charla.
22/5/19
GAÑADORES DO BEN VEÑAS MAIO
O noso instituto conseguiu seis premios no BVM: catro de narrativa, un
de banda deseñada e outro de fotografía. PARABÉNS!!
de banda deseñada e outro de fotografía. PARABÉNS!!
PABLO CARPINTERO ARIAS
Pablo Carpintero, músico, artesán, investigador galego, doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela. É director da Asociación de Gaiteiros galegos e destaca como estudoso de diversos instrumentos musicais tradicionais galegos. Foi unha honra traelo ao noso centro.
CELEBRACIÓN DA SEMANA DA ARTE. HOMENAXE A FIQUEIRAS
Despois de celebrar a semana da arte, rematamos coa homenaxe ao noso compañeiro Manuel Martí Figueiras, que ademais de profesor, é un recoñecido pintor e tamén ilustrador.
Kiko da Silva foi o encargado de deixar un debuxo de Manuel na nosa biblioteca; Manuel Lourenzo presentou o acto e ao noso compañeiro, Martí. Logo unhas alumnas fixeron un debuxo do homenaxeado, que lle entregaron como agasallo.
25/4/19
EXCURSIÓN A SANTIAGO
Excursión de 3º e 4º de ESO a Santiago para visitar a catedral e ver o
Pórtico da Gloria cunha guía. Ademais puido gozar dunha exposición na
Cidade da Cultura "Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de
Galicia".
12/4/19
VISITA AO SALÓN DO LIBRO
O alumnado de 1º de ESO visitou o Salón do Libro, este ano dedicado á Revolución. Temos que dicir que foi bastante decepcionante. En primeiro lugar pola rapidez coa que nos fixeron andar polo Salón, case non nos podían explicar, dado o número de alumnado que tiñan para facer o percorrido polas diferentes salas. En segundo lugar, no obradoiro que nos ofreceron, alumnado de primeiro de ESO compartiu charla con universitarios e non foi nada acertado para a idade das rapazas e dos rapaces que nós levamos, sobre todo pola súa duración e contido. O alumnado non foi parte activa do obradoiro, senón pasiva, limitouse a escoitar.
26/3/19
LIBRE O MEU PENSAMENTO - Día de Rosalía 2019
O alumnado que forma parte do Consello da Muller Nova tamén quixo visibilizar a figura de Rosalía de Castro no aniversario do seu nacemento. Este é o vídeo que fixeron:
APRENDEMOS A REGUEIFAR
O alumnado de 2º da ESO participou nos obradoiros de regueifa da concellaría de Normalización Lingüística. Aprenderon os trazos básicos da regueifa e xa comezaron a facer as súas propias creacións. Quedaron con ganas de máis!
17/3/19
12/3/19
LANGUAGE PLANNING
O alumnado de 4º de ESO asistiu ao teatro para ver a obra Language planning a cargo dos Quinquilláns, que de forma cómica e retranqueira foron tratando distintos aspectos da lingua galega e o seu uso, a partir de relatos de Made in Galiza de Sechu Sende.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















































