As alumnas e os alumnos de 1º ESO asistiron, dentro das actividades programadas polo Salón do Libro de Pontevedra a un encontro coa escritora Antía Yáñez, que lles falou, entre outras cousas, dos libros que a rapazada leu este curso : O misterio do torque de Burela e O misterio de Portomarín .
3/5/23
29/4/23
Roteiro co escritor Manuel Lourenzo
Este ano, o escritor homenaxeado no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra é Manuel Lourenzo. Os alumnos e as alumnas de 1º de Bacharelato tiveron a honra de realizar con este escritor un roteiro pola cidade de Pontevedra.
Saída ao Salón do Libro o 24 de abril
Os alumnos e alumnas que durante o ano colaboraron dalgún xeito coa biblioteca , fixeron unha saída ao Salón do Libro.
13/3/23
Obradoiro de BANDA DESEÑADA
O alumnado de 1º ESO asistiu a un obradoiro de Banda Deseñada , impartido por integrantes da escola O garaxe hermético.
9/3/23
2/3/23
Ben Veñas, Maio
Entra nas bases do Ben Veñas, Maio
https://snl.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2023/02/Bases-BEN-VENAS-MAIO-2023.pdf
Visita a Ourense e Trasalba
O día 1 de marzo, o alumnado de 4ºESO realizou unha visida a Ourense para asistir á representación da obra de teatro clásico Agamenón. Ao rematar, coñecemos algunhas rúas de Ourense e, xa pola tarde, visitamos a casa de Otero Pedrayo, en Trasalba. Esta viaxe foi organizada polo Equipo de Dinamización, polo Departamento de Latín e polo Equipo da Biblioteca.


















































