22/5/18

PABLO CARPINTERO NO IES TORRENTE BALLESTER

O alumnado de 3º e 4º de ESO tivemos a sorte de contar no noso instituto con Pablo Carpintero Arias e a súa dona. Pablo Carpinteiro ademais de ser doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela, onde foi profesor de bioquímica, é un músico,un artesán e un investigador que pertence á Asociación de Gaiteiros Galegos e dirixe dous grupois de recuperación de tradicións musicais galegas.
a nós ensinounos a evolución dos instrumentos musicais dende o Paleolítoco, tanto dos usados polas mulleres coma dos creados polos homes. Tamén nos mostrou diferentes tipos de gaitas segundo o lugar.
Todas estas explicacións foron aconpañadas pola interpretación de diferentes pezas musicais nas que acompañou a súa muller.




Sara Portela Franco e Alba Casalderrey Acuña

14/5/18

PREMIADOS NO BEN VEÑAS MAIO

BVM 2018
Vinte e cinco anos despois do nacemento do BVM, idea que parte do noso ex-comapañeiro Manuel Lourenzo González, os/as coordinadores/as dos EDLG seguen fomentando o uso da nosa lingua a través de diferentes concursos, agora coa colaboración do Concello de Pontevedra.
O alumnado do IES Torrente Ballester saíu moi ben parado: na modalidade de narrativa conseguiu tres premios; en poesía, un; e en banda deseñada, tamén un. Parabéns a Clara, Andrés, Emilia, Laura e Diego. 



11/5/18


O EDLG continúa coa campaña de divulgación do léxico galego relacionado cos eidos da vida cotiá