Neste roteiro o noso alumnado puido achegarse, unha vez máis, á homenaxeada no día das Letras Galegas do 2018, ao paso que tamén puido coñeder mellor a historia da nosa cidade, Pontevedra, e as transformacións que foi vivindo ao longo do tempo.
26/4/18
20/4/18
SALÓN DO LIBRO
OBRADOIRO CON QUICO DA SILVA E LUÍS DAVILA
O alumnado quedou encantado
PERCORRIDO POLO SALÓN, CON PARADA NO TRABALLO QUE NÓS PRESENTAMOS
O alumnado quedou encantado
PERCORRIDO POLO SALÓN, CON PARADA NO TRABALLO QUE NÓS PRESENTAMOS
10/4/18
PRESÉNTASE "DOCE CARTAS A MARÍA VICTORIA MORENO"
No IES Torrente Ballester presentouse a obra de Ánxela Gracián Doce cartas a María Victoria Moreno, biografía novelada da escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas. A autora estivo acompañada polo académico Xesús Alonso Montero, a editora Laura Rodríguez e o director do instituto David Castro.
5/4/18
DOCUMENTAL SOBRE MARÍA VICTORIA MORENO
Se clicas AQUÍ podes acceder ao documental sobre María Victoria Moreno, que se estreou o 4 de abril no acto académico de homenaxe á autora celebrado no IES Torrente Ballester.
Este documental foi elaborado por Gaspar Broullón, ex-alumno de Mª Victoria, hoxe profesor de realización audiovisual. Neste vídeo queda clara a pegada que a homenaxeada das Letras Galegas do 2018 deixou en amigos/as, alumnado, familia...
Tamén podes velo directamente dende esta entrada:
Tamén podes velo directamente dende esta entrada:
4/4/18
XORNADAS DIDÁCTICAS SOBRE MARÍA VICTORIA MORENO
Co obxectivo de achegármonos máis á persoa, á escritora, á "sementadora das letras" como di Xavier Senín, á profesora, profesión da que estaba namorada igual ca da lingua galega que fixo súa, organizamos unhas xornadas didácticas sobre Mª Victoria Moreno. Nelas tivemos o pracer de escoitar, entre outras personalidades, ao Alcalde de Pontevedra, a Víctor Freixanes, a Xavier Senín, a Fina Casalderrey e a Alonso Montero.
Ademais visionamos o documental que un ex-alumno de Mª Victoria, Gaspar Broullón, se encargou de montar.
Para rematar a xornada, alumnado do IES Torrente Ballester deu lectura ao conto inédito "Morito" que Mª Victoria nos deixou de agasallo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)