21/12/18

OS NOSOS FUTUROS ESCRITORES

Sempre é un gusto conseguir que neste mundo de consumo audiovisual, aínda contemos con alumnado afeccionado á creación literaria. PARABÉNS !!!



POSTAL GAÑADORA


20/12/18

VISITA Á CASA MUSEO DE ROSALÍA

O alumnado de primeiro e segundo de ESO visitou a Casa Museo de Rosalía en Padrón.






19/11/18

TEATRO: Invisibles

Invisibles: Obra de teatro á que asistiu o alumnado de 3º de ESO, dentro da programación "Ponteatro". O grupo Redrum Teatro conseguiu conmover ao alumnado con esta obra baseada no libro do mesmo título. Nela faise unha reflexión sobre os diferentes tipos de malos tratos cara á muller, que non están relacionados con profesións nin con niveis culturais.



6/11/18

O GALEGO TAMÉN NOUTROS MUNDOS

Con esta exposición emprestada polo  Concello de Pontevedra (Concellaría de Normalización Lingüística) pretendemos conseguir que o alumnado valore máis a nosa lingua e rompa con prexuízos.










31/10/18

VIAXE AO BIERZO

O alumnado de 3º de ESO viaxou ata o Bierzo onde puido gozar de paisaxes incribles, pasear por Ponferrada, Vilafranca do Bierzo, ver unha palloza en Balboa, visitar o Palacio de Canedo onde viron todas as polibilidades que ofrece unha agricultura ecolóxica e, sobre todo, comprobar que tamén alí se segue a usar a lingua galega.
                                 Repoñendo forzas
                                 Camiñando duro 
                                 Obxectivo conseguido
                                 Comprobando que o galego se segue mantendo
                                 Gravacións para demostrar o uso do noso idioma

29/10/18

VESTÍMONOS DE OUTONO

Coa lingua galega como protagonista, fomos percorrendo espazos deixando que a sabedoría popular falase.






25/10/18

ARREDOR DE Mª VICTORIA MORENO

Visita do alumnado de 4º de ESO  ao mural que Correo do Vento está Pintando debaixo da Ponte da Avda de Vigo como tributo pictórico a Mª Victoria Moreno.



ENGAIOLADOS COA CREACIÓN LITERARIA





A pesar de ser pola tarde, en horario non lectivo, o alumnado respondeu con entusiasmo a este taller creativo. Está claro que Manuel Lorenzo sabe engaiolalos.


16/10/18

CURSO 2018/2019

BENVIDOS E BENVIDAS AO NOVO CURSO 2018/2019
Un ano máis convidámosvos a comprometervos coa lingua galega e esperamos fomentar a autoestima cara ao noso idioma así como o seu uso en todos os contextos posibles. Con ese obxectivo organizaremos diversas actividades: viaxaremos ata o Bierzo; pasearemos por Celanova, terra de poetas; realizaremos roteiros pola nosa benquerida Pontevedra; iremos ao teatro; participaremos en obradoiros moi entretidos e didácticos; recompilaremos cantigas, contos, lendas, ditos, refráns; promoveremos a visita ao centro de escritores e escritoras galegas...
Co galego todo é posible!!

 

6/6/18

SAÍDA A CELANOVA DO ALUMNADO DE 2º ESO

O mércores 30 de xuño o alumnado de 2º ESO participou nunha saída organizada polo Departamento de Música coa colaboración do EDLG.

Esta actividade consistiu nunha visita a Celanova, onde o alumnado puido coñecer a Casa dos Poetas, a que foi a casa familiar de Curros Enríquez. Neste espazo, onde contaron cunha visita guiada, tamén se achegaron a outras figuras literarias desta vila como o poeta Celso Emilio Ferreiro.

Despois da visita á vila de Curros seguimos cara a Vilanova dos Infantes e, antes de volver a Pontevedra, fixemos unha última parada no Castro de Castromao.






22/5/18

PABLO CARPINTERO NO IES TORRENTE BALLESTER

O alumnado de 3º e 4º de ESO tivemos a sorte de contar no noso instituto con Pablo Carpintero Arias e a súa dona. Pablo Carpinteiro ademais de ser doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela, onde foi profesor de bioquímica, é un músico,un artesán e un investigador que pertence á Asociación de Gaiteiros Galegos e dirixe dous grupois de recuperación de tradicións musicais galegas.
a nós ensinounos a evolución dos instrumentos musicais dende o Paleolítoco, tanto dos usados polas mulleres coma dos creados polos homes. Tamén nos mostrou diferentes tipos de gaitas segundo o lugar.
Todas estas explicacións foron aconpañadas pola interpretación de diferentes pezas musicais nas que acompañou a súa muller.




Sara Portela Franco e Alba Casalderrey Acuña