29/3/17

Visita ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil, que se desenvolveu en Pontevedra durante o mes de marzo de 2017. Nesta edición o Salón levou o título de “O mundo que queremos”. Ademais desta visita, o alumnado de 1º de ESO asistiu á representación da obra de teatro "Normas para saber vivir", na que, baixo unha forma de divertimento irónico, se escondía unha crítica feroz a unha sociedade que, coas súas normas e a súa hipocrisía, fai imposible a sinceridade.

14/3/17

A Mesa conversa cos alumnos de 4º ESO sobre os dereitos lingüísticos.


7/3/17

PARTICIPACIÓN NO CLUB DE DEBATE
Aínda que o noso alumnado non quedou en moi boa posición, esta actividade serviulles para desenvolver as destrezas orais da lingua en distintos contextos e tamén para fomentar o debate e consolidar foros de discusión sobre temas de actualidade e de interese social, sobre todo relacionados con Pontevedra

O alumnado de 1º de ESO visitou diferentes medios de comunicación: Diario de Pontevedra, Onda Cero e Pontevedra Viva, co obxectivo de achegalos a un xornalismo cercano e reflexionar sobre o uso da lingua galega neste ámbito. Ademais, en Pontevedra Viva, o alumnado tivo ocasión de elaborar unha noticia.